Parque Natural do Montgrí, les illes Medes i el Baix Ter
Tipo | espazo natural protexido | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Torroella de Montgrí, España, Bellcaire d'Empordà, España, Ullà, España, Pals, España, L'Escala, España, Fontanilles, España, Palau-sator, España, Alt Empordà, España e Baix Empordà, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 6.202,68 ha 7.819,89537 ha | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 555546001 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2010 | |||
Sitio web | gencat.cat… | |||
O parque natural do Montgrí, les Illes Medes i el Baix Ter (parque natural do Montgrí, as Illas Medes e o Baixo Ter, en tradución literal ó galego) está situdado en Cataluña, na pronvicia de Xirona. Esténdese polas comarcas do Baix Empordà e do Alt Empordà.
Características
[editar | editar a fonte]O parque natural está formado por elementos sense conexión aparente. Porén a conectividade ecolóxica entre eles é patente, sendo as relacións entre eles observables e estudadas cientificamente. A paisaxe está fortemente humanizada, e ten sido testemuña das civilizacións máis antigas. A presenza deste legado cultural e histórico fai imposible concibir o parque natural cun enfoque puramente ecoloxista[1].
As illas Medes son conformadas polas illas a Meda Gran, a Meda petita e os Illotes Els Tascons, Les Ferranelles e Carall Bernat.O terreo é de tipo cárstico, sendo erosionado polos ventos do levante e a tramuntana. A orografía é irregular e agreste, e serve de hábitat a diversas especies, tales coma o corvo mariño cristado ou a gaivota patiamarela, coa maior colonia do mar Mediterráneo. Outras aves, máis peláxicas son as pardelas, os mascatos e as mobella[1]. Mais a riqueza biolóxica das illas radican nos fondos mariños. Alí existen importantes colonias de coral, gorgonia e esponxas. Entre as pradeiras de posidonia pódese atopar o nácar, meros, a corvina, o golfiño común ou o dentón. A pesca está prohibida no parque natural e regulada nas zonas limítrofes[1].
A orixe do Montgrí ven dos Pireneos. A xeoloxía explica que o macizo é unha illa calcárea en medio dunha chaira deltaica formada pola influencia dos ríos Fluvià e Ter[1]. Jaume II erixiu o castelo entre o 1294 e 1301, para vixiar o condado de Empúries, daquela independente e conflitivo. O castelo ficou inacabado[1].
Baixo Ter
[editar | editar a fonte]A plana do río Ter foi maioritariamente drenada a finais do século XX e agora ten un uso puramente agrícola. Aínda así aínda existen diversas zonas anegadas e lagoas litorais tales coma o Ter Vell, Fra Ramón, La Pletera e Les Basses d'en Coll[1]. Constituíndo unha importante reserva de biodiversidade. Así, pódese atopar importantes colonias de ammophila arenaria e matthiola Siruata, representantes da importante flora dunar presentes nos areais[1].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A maioría das vilas da zona son de orixe medieval e contan cun importante patrimonio artístico[1]. Salientar a ermida de Santa Caterina, as igrexas de Sant Pau de Fontclara e de Sant Julià de Boada (con importantes pinturas románicas) ou a vila de Palau-Sator (cunha arquitectura de renome)[1]. Hoxe en día porén, moitas vilas desenvolven unha grande actividade turística, especialmente no verán[1].