Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo
Tipo | área protexida transfronteiriza | |||
---|---|---|---|---|
| ||||
Características | ||||
Atravesa | Mozambique, Zimbabwe e Suráfrica | |||
Superficie | 37.572 km² | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2002 | |||
O Parque Transfronteirizo do Gran Limpopo é unha área protexida transfronteiriza de 35 000 km² en proceso de creación.[1] Unirá o Parque Nacional do Limpopo (anteriormente coñecido como Coutada 16) en Mozambique, o Parque Nacional Kruger en Suráfrica, o Parque Nacional de Gonarezhou, o Santuario de Manjinji e a Zona de safari de Malipati en Zimbabwe, así como a zona entre Kruger e Gonarezhou, a terra comunal de Sengwe en Zimbabwe e a rexión de Makuleke en Suráfrica.
Fauna
[editar | editar a fonte]O parque acolle unha ampla gama de vida silvestre, destacando o elefante, o rinoceronte branco, a xirafa de Suráfrica, o ñu azul, o leopardo africano, o león, o guepardo, a mangosta raiada e a hiena pinta.
Dende 2005, a área está considerada como unha Unidade de Conservación do León.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Dúas leoas descansando despois dun intento de caza infrutuoso no Parque Nacional Kruger
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About the Great Limpopo Transfrontier Park". greatlimpopopark.com. Archived from the original on 26 de agosto de 2007. Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ IUCN Cat Specialist Group (2006). Conservation Strategy for the Lion Panthera leo in Eastern and Southern Africa. IUCN, Pretoria, Suráfica.