Saltar ao contido

Parque natural da Albufeira des Grau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque natural da Albufeira des Grau
Imaxe
Tipoparque natural
espazo natural protexido
parque natural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMaó, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°58′35″N 4°14′23″L / 39.97638, 4.239637
Características
Superficie5.006,7 ha
5.113,50523 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 196293 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1995 Editar o valor en Wikidata

O parque natural da Albufeira des Grau (en catalán: Parc Natural de s'Albufera des Grau) é un espazo natural protexido situado na zona nordés da illa de Menorca, nas illas Baleares, a uns dous quilómetros da cidade de Maó, que foi declarado parque natural en 1995. Abrangue a Albufeira des Grau propiamente dita, a illa d'en Colom e o cabo de Favàritx.[1]

O 16 de maio de 2003 ampliouse, pasando a ocupar a superficie actual, 5 067 hectáreas.[2] É o núcleo da reserva da biosfera que engloba toda a illa, declarada de interese internacional en 1993.[3]

Distínguense tres áreas: a illa d'en Colom, a zona do faro de Favàritx-prado de Morella e a lagoa e o prado da albufeira. Cada área inclúe unha gran variedade de ecosistemas: zonas húmidas, terras de cultivo e pasto, montes boscosos, comunidades litorais, cantís, dunas e numerosas praias.

  1. "Decret 50/1995, de 4 de maig, pel qual es declara parc natural l'albufera des Grau, l'illa d'en Colom i el cap de Favàritx". Boletín Oficial das Illas Baleares (en catalán). 1995. 
  2. "Decret 51/2003, de 16 de maig, d'ampliació del parc natural de s'Albufera des Grau i de declaració de les reserves naturals de les illes des Porros, s'Estany, la bassa de Morella, es Prat i l'illa d'en Colom" (PDF). Boletín Oficial das Illas Baleares (en catalán). 2003. 
  3. "La isla de Menorca". www.biosferamenorca.org (en catalán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020.