Saltar ao contido

Partícula de recoñecemento do sinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partícula de recoñecemento do sinal de 9kDa
Identificadores
Símbolo SRP9
Entrez 6726
HUGO 11304
OMIM

600707

RefSeq NM_003133
UniProt P49458
Outros datos
Locus Cr. 1 q42.12
partícula de recoñecemento do sinal de 14kDa
Identificadores
Símbolo SRP14
Entrez 6727
HUGO 11299
OMIM

600708

RefSeq NM_003134
UniProt P37108
Outros datos
Locus Cr. 15 q22
partícula de recoñecemento do sinal de 19kDa
Identificadores
Símbolo SRP19
Entrez 6728
HUGO 11300
OMIM

182175

RefSeq NM_003135
UniProt P09132
Outros datos
Locus Cr. 5 q21-q22
partícula de recoñecemento do sinal de 54kDa
Identificadores
Símbolo SRP54
Entrez 6729
HUGO 11301
OMIM

604857

RefSeq NM_003136
UniProt P61011
Outros datos
Locus Cr. 14 q13.2
partícula de recoñecemento do sinal de 68kDa
Identificadores
Símbolo SRP68
Entrez 6730
HUGO 11302
OMIM

604858

RefSeq NM_014230
UniProt Q9UHB9
Outros datos
Locus Cr. 17 q25.1
partícula de recoñecemento do sinal de 72kDa
Identificadores
Símbolo SRP72
Entrez 6731
HUGO 11303
OMIM

602122

RefSeq NM_006947
UniProt O76094
Outros datos
Locus Cr. 4 q11

A partícula de recoñecemento do sinal (abreviada como SRP polas súas siglas en inglés) é unha ribonucleoproteína (complexo de proteína e ARN) citosólica abundante, conservada universalmente, que recoñece e se une a proteínas específicas que son dirixidas ao retículo endoplasmático nos eucariotas e á membrana plasmática nos procariotas.

A función das SRP descubriuse ao estudar as cadeas lixeiras de inmunoglobulina procesadas e non procesadas,[1] que son proteínas recentemente sintetizadas eucarióticas, que levan secuencias sinal hidrofóbicas N-terminais, ás que se une as SRP en canto ditas proteínas empezan a emerxer do ribosoma.[2][3]

Mecanismo

[editar | editar a fonte]

Nos eucariotas, a SRP únese á secuencia sinal dun péptido recentemente sintetizado en canto este emerxe do ribosoma e sen que rematase aínda a síntese da proteína. Esta unión fai que se faga máis lenta a síntese da proteína, o que se coñece como "detención da elongación", unha función conservada das SRPs que facilita o acoplamento dos procesos de tradución e de translocación proteica.[4] A SRP despois une este complexo (o complexo formado polo ribosoma e a cadea proteica nacente) a un canal condutor de proteínas, tamén chamado translocón, situado na membrana do retículo endoplasmático. Isto ocorre debido á interacción e unión ou "atraque" da SRP co receptor da SRP [5] localizado en estreita proximidade ao translocón.

Nos eucariotas hai tres dominios na SRP e no seu receptor que funcionan na unión e hidrólise de guanosina trifosfato (GTP). Están localizados en dúas subunidades relacionadas do receptor de SRP, chamadas SRα e SRβ,[6] e na proteína SRP54 (coñecida nas bacterias como Ffh).[7] A unión coordinada de GTP ao SRP e ao receptor de SRP é un prerrequisito para a unión exitosa da SRP ao seu receptor.[8][9]

Ao unirse á membrana do retículo endoplasmático, a cadea peptídica nacente insírese no canal translocón por onde entra no retículo endoplasmático. A síntese proteica reanúdase a medida que a SRP se solta do ribosoma.[10][11] O complexo SRP-receptor de SRP disóciase pola hidrólise de GTP, e o ciclo da translocación de proteínas mediado por SRP continúa.[12]

Unha vez dentro do retículo endoplasmático, un encima chamado sinal peptidase corta a secuencia sinal da proteína, polo que as secuencias sinal non forman parte das proteínas maduras.

Composición das SRP

[editar | editar a fonte]

Malia que a función das SRP é análoga en todos os organismos, a súa composición varía moito. As SRP eucarióticas están compostas por seis polipéptidos diferentes unidos a unha molécula de ARN (o ARN 7SL), con actividade de GTPase. Os compoñentes do complexo son:

A SRP procariótica está composta por un polipéptido unido a unha molécula de ARN (ARN de 4,5S), con actividade de GTPase. Os compoñentes do complexo son:

  • Ffh
  • ARN de 4,5S

Ffh é o homólogo estrutural e funcional da proteína SRP54 de eucariotas. O ARN de 4,5S comparte homoloxía en estrutura e secuencia cun dominio do ARN de 7S.

Autoanticorpos

[editar | editar a fonte]

Os anticorpos anti-partícula de recoñecemento do sinal están principalmente asociados coa polimiosite, pero non son moi específicos dela.[15] Nas persoas con polimiosite, a presenza de anticorpos anti-SRP está asociada cunha debilidade muscular máis acusada e atrofia.[15]

  1. Milstein C, Brownlee GG, Harrison TM, Mathews MB (1972). "A possible precursor of immunoglobulin light chains". Nature: New Biology 239 (91): 117–20. PMID 4507519. 
  2. Walter P, Ibrahimi I, Blobel G (1981). "Translocation of proteins across the endoplasmic reticulum. I. Signal recognition protein (SRP) binds to in-vitro-assembled polysomes synthesizing secretory protein". The Journal of Cell Biology 91 (2 Pt 1): 545–50. PMC 2111968. PMID 7309795. doi:10.1083/jcb.91.2.545. 
  3. Blobel G, Dobberstein B (1975). "Transfer of proteins across membranes. I. Presence of proteolytically processed and unprocessed nascent immunoglobulin light chains on membrane-bound ribosomes of murine myeloma". The Journal of Cell Biology 67 (3): 835–51. PMC 2111658. PMID 811671. doi:10.1083/jcb.67.3.835. 
  4. Walter P, Blobel G (1983). "Subcellular distribution of signal recognition particle and 7SL-RNA determined with polypeptide-specific antibodies and complementary DNA probe". The Journal of Cell Biology 97 (6): 1693–9. PMC 2112735. PMID 6196367. doi:10.1083/jcb.97.6.1693. 
  5. Gilmore R, Blobel G, Walter P (1982). "Protein translocation across the endoplasmic reticulum. I. Detection in the microsomal membrane of a receptor for the signal recognition particle". The Journal of Cell Biology 95 (2 Pt 1): 463–9. PMC 2112970. PMID 6292235. doi:10.1083/jcb.95.2.463. 
  6. Rapiejko PJ, Gilmore R (1992). "Protein translocation across the ER requires a functional GTP binding site in the alpha subunit of the signal recognition particle receptor". The Journal of Cell Biology 117 (3): 493–503. PMC 2289435. PMID 1315314. doi:10.1083/jcb.117.3.493. 
  7. Freymann DM, Keenan RJ, Stroud RM, Walter P (1997). "Structure of the conserved GTPase domain of the signal recognition particle". Nature 385 (6614): 361–4. PMID 9002524. doi:10.1038/385361a0. 
  8. Miller JD, Wilhelm H, Gierasch L, Gilmore R, Walter P (1993). "GTP binding and hydrolysis by the signal recognition particle during initiation of protein translocation". Nature 366 (6453): 351–4. PMID 8247130. doi:10.1038/366351a0. 
  9. Grudnik P, Bange G, Sinning I (2009). "Protein targeting by the signal recognition particle". Biological Chemistry 390 (8): 775–82. PMID 19558326. doi:10.1515/BC.2009.102. 
  10. Lütcke H (1995). "Signal recognition particle (SRP), a ubiquitous initiator of protein translocation". European Journal of Biochemistry / FEBS 228 (3): 531–50. PMID 7737147. doi:10.1111/j.1432-1033.1995.0531m.x. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  11. Luirink J, Sinning I (2004). "SRP-mediated protein targeting: structure and function revisited". Biochimica et Biophysica Acta 1694 (1-3): 17–35. PMID 15546655. doi:10.1016/j.bbamcr.2004.03.013. 
  12. Shan SO, Walter P (2005). "Co-translational protein targeting by the signal recognition particle". FEBS Letters 579 (4): 921–6. PMID 15680975. doi:10.1016/j.febslet.2004.11.049. 
  13. Hainzl T, Huang S, Sauer-Eriksson AE (2002). "Structure of the SRP19 RNA complex and implications for signal recognition particle assembly.". Nature 417 (6890): 767–71. PMID 12050674. doi:10.1038/nature00768. 
  14. Kuglstatter A, Oubridge C, Nagai K (2002). "Induced structural changes of 7SL RNA during the assembly of human signal recognition particle.". Nat Struct Biol 9 (10): 740–4. PMID 12244299. doi:10.1038/nsb843. 
  15. 15,0 15,1 Kao, A. H.; Lacomis, D.; Lucas, M.; Fertig, N.; Oddis, C. V. (2004). "Anti-signal recognition particle autoantibody in patients with and patients without idiopathic inflammatory myopathy". Arthritis & Rheumatism 50 (1): 209–215. doi:10.1002/art.11484. PMID 14730618.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]