Participación Democrática Directa
Participación Democrática Directa (PDDdG) foi unha formación política instrumental creada en Galicia en marzo de 2015 para concorrer aos comicios municipais de 2015.
Historia
[editar | editar a fonte]O partido foi rexistrado polo actor Miguel Pernas en marzo de 2015. Baixo o seu nome presentáronse distintas coalicións e formacións veciñais, das catro provincias galegas, se ben a súa concentración maior achábanse na comarca do Salnés. As candidaturas estaban encabezadas por persoas vinculadas a Cerna, principalmente.
Aínda que a denominación exacta da candidatura variaba de concello a concello, a formación política instrumental permitía que os seus votos fosen contabilizados para a designación de deputados provinciais, ao igual que o que promovían Anova e Esquerda Unida coa plataforma SON. Formaron parte, como socios minoritarios, dos gobernos de Cambados (encabezado polo PSdeG), Fene (encabezado polo BNG) e Ribadumia (encabezado por unha formación independente). No caso de Fene o alcalde expulsounos do goberno en agosto de 2016, polo cal apoiaron unha moción de censura do PPdeG en abril de 2018, ante o cal foron expulsados os concelleiros da formación.
Ante a constitución de En Marea a finais de 2015 Cerna apoiou o proxecto xunto coas candidaturas municipais, pasando a formar parte a gran maioría delas da nova formación política. Trala ruptura de En Marea en xaneiro de 2019 a meirande parte destas candidaturas seguiron formando parte dela, dado que Cerna se había disolto na formación política en 2018. Desta forma, nas municipais de 2019 moitas destas candidaturas concorreron baixo o paraugas de En Marea, baixo a marca de Mareas Locais, ou no caso da metade sur de Lugo con Interior Galego Vivo, o cal se constituiría como partido en maio de 2022.
Candidaturas e resultados
[editar | editar a fonte]Candidatura | Votos | % | Concelleiros | Concello |
---|---|---|---|---|
Somos Cabanas | 151 | 7,69% | 1 / 11 |
Cabanas |
Somos Cambados | 1162 | 14,3% | 2 / 17 |
Cambados |
Por Chantada | 546 | 10,31% | 1 / 13 |
Chantada |
Somos Fene | 874 | 12,87% | 2 / 17 |
Fene |
C@urel Vivo | 121 | 13,08% | 1 / 9 |
Folgoso do Courel |
Somos Maioría | 74 | 1,55% | 0 / 13 |
Pontedeume |
Somos Ribadumia | 338 | 10,97% | 1 / 13 |
Ribadumia |
Somos Sanxenxo | 351 | 3,89% | 0 / 17 |
Sanxenxo |
Agroma Sober | 292 | 16,82% | 2 / 11 |
Sober |
Somos Maioría | 1499 | 8,25% | 1 / 21 |
Vilagarcía de Arousa |
Vilalba Aberta | 646 | 7,58% | 1 / 17 |
Vilalba |
Xinzo Adiante | 1081 | 18,6% | 3 / 17 |
Xinzo de Limia |