Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos)
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
O Partido Comunista de España (VIII-IX Congresos) foi un partido comunista español fundado en 1968 polo que era entón secretario de organización do PCE Agustín Gómez tras a condena que a dirección do PCE fixera da invasión de Checoslovaquia polo Pacto de Varsovia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O partido formábano unhas poucas ducias de militantes residentes na URSS e noutros países do leste. En 1980 fusionouse co Partido Comunista de los Trabajadores para formar o Partido Comunista de España Unificado que en 1984 participou nun congreso de unificación dos comunistas que deu lugar ao Partido Comunista de los Pueblos de España.