Partido Proverista
O Partido Proverista foi un partido político creado en España durante a transición democrática.
O ideólogo do proverismo foi o avogado Manuel Maysounave, andaluz establecido en Vitoria en 1958, cidade desde a que dirixiu o seu movemento político.
O proverismo baséase na verdade, corresponsabilidade, mérito e misión. De feito o termo proverismo procede de estar a favor da verdade, considerado un partido conservador, proximo en certos aspectos ao carlismo.
Durante o franquismo Maysounave tivo problemas coas autoridades franquistas que lle chegaron a retirar a súa licenza como avogado. En 1976 Maysounave publicou un libro chamado Partido Proverista no cal expoñía o seu pensamento político.
O Partido Proverista foi legalizado o 17 de febreiro de 1977. A súa sede estaba na cidade de Vitoria (País Vasco), aínda que se trataba dun partido de ámbito estatal. O partido tiña estrutura federal e o seu presidente era o propio Maysounave.
O Partido Proverista era partidario da creación dunha rexión autónoma que incluíse o País Vasco, Navarra e A Rioxa.
O Partido Proverista presentouse ás eleccións xerais de 1977 e 1979, con escaso éxito, apenas uns miles de votos en toda España e acabou disolvéndose en 1989.