Partido Revolucionario Democrático
Partido Revolucionario Democrático | |
---|---|
Filiación internacional | Internacional Socialista Foro de São Paulo Conferencia Permanente de Partidos Políticos de América Latina Grupo Integración Centro - Democrático |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia Latinoamericanismo |
Posición política | Centroesquerda[1][2][3] |
Representación | |
Asemblea Nacional | 35 / 71 |
Parlacen | 7 / 20 |
Na rede | |
http://www.prdespanama.com | |
O Partido Revolucionario Democrático (PRD) é un partido político de centro-esquerda de Panamá.[4][5] É o partido con maior número de adherentes en Panamá, cun total de 656.392 (novembro de 2021).[6]
O seu fundador foi Omar Torrijos Herrera, que foi xefe de goberno de Panamá desde 1968 até a súa morte en 1981.[7]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]O partido político foi legalizado pola resolución 590 do 3 de outubro de 1979 polo xeneral Omar Torrijos Herrera, quen era xefe de goberno de Panamá desde o golpe de estado de 1968.[8] A base ideolóxica do partido era buscar a igualdade para as persoas de todas as clases sociais, que eran vítimas da pobreza multidimensional e da falta de oportunidades.[9]
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O partido adquiriu liderado no sistema político de Panamá na década de 1980, ao ter inclinación positiva cara aos ideais do goberno militar de Panamá, dirixido por Omar Torrijos Herrera;[10] sen mencionar que adquiriu popularidade na sociedade panameña. Logo do repentino falecemento de Torrijos,[7] o xeneral Manuel Antonio Noriega converteu o partido nun aliado eficaz para vencer a oposición panameña nas eleccións de 1984.[11]
Nas eleccións, o candidato perredista Nicolás Ardito Barletta foi elixido presidente de Panamá gañando as eleccións cunha estreita diferenza fronte ao seu rival, o expresidente Arnulfo Arias Madrid. A oposición panameña denunciou que os resultados foran fraudulentos, pero o sistema electoral panameño (manipulado polo xeneral Noriega) non tomou en conta as súas acusacións.[12]
Década de 1980
[editar | editar a fonte]Durante a época de 1980, o goberno militar apoiado polo PRD foi acusado de ser o responsable das violacións dos dereitos humanos, desaparicións e mortes de centos de persoas en contra dos seus ideais, como Hugo Spadafora e Héctor Gallego; ademais de ameazas de morte que obrigaron a moitos opositores a fuxir do país.[13] Con todo, o partido postulouse ás eleccións de 1989 nunha época onde o pobo panameño estaba en constante loita contra a ditadura do xeneral Manuel Antonio Noriega.[14]
Nas eleccións, o candidato da alianza opositora Guillermo Endara gañou as eleccións por unha ampla diferenza; pero o xeneral Noriega optou por anular as eleccións. Esta decisión foi altamente criticada entre a poboación panameña e os gobernos doutros países, como Estados Unidos que tomou a decisión de deter o xeneral Noriega polos seus vínculos co narcotráfico e tamén restaurar a democracia en Panamá logo de presentárense certos conflitos cos cidadáns estadounidenses en Panamá. O 20 de decembro de 1989, Estados Unidos invadiu Panamá e derrocou do cargo o presidente provisional Francisco A. Rodríguez (do PRD), declarando como presidente do país a Guillermo Endara, gañador das eleccións.[15]
Década de 1990
[editar | editar a fonte]Logo da invasión estadounidense, o partido converteuse por primeira vez desde a súa fundación en oposición. Os membros do partido tomaron a decisión de reestruturar as súas bases para converterse nun partido libre de influencia militar en preparación para as eleccións de 1994. O partido elixiu o dirixente do partido Ernesto Pérez Balladares como o seu candidato ás eleccións de 1994. Tras celebrarse as primeiras eleccións democráticas desde 1968, Ernesto Pérez Balladares converteuse en presidente de Panamá para o período 1994-1999.[16] O presidente Balladares presentou un referendo para reformar a constitución, cuxo resultado foi negativo.
Nas eleccións de 1999, o partido elixiu a Martín Torrijos Espino (fillo do xeneral Torrijos) como o seu candidato ás eleccións; mais este perdeu ante a candidata panameñista Mireya Moscoso (esposa do expresidente Arias Madrid).
Século XXI
[editar | editar a fonte]Nas eleccións de 2004, postularon novamente a Martín Torrijos Espino quen resultou elixido nesa ocasión como presidente de Panamá. O presidente Torrijos presentou un referendo para a ampliación da Canle de Panamá (devolto a Panamá en 1999), cuxo resultado foi efectivo.[17] Nas seguintes eleccións de 2009, o partido perdeu ante o candidato Ricardo Martinelli (coa candidata Balbina Herrera) e novamente nas eleccións de 2014, perderon ante o candidato Juan Carlos Varela (co candidato Juan Carlos Navarro). Logo de diversas reestruturacións do partido, tras as derrotas de 2009 e 2014, o partido escolleu o ex-lexislador Laurentino Cortizo para as eleccións xerais de 2019; nas cales saíu vitorioso por unha estreita marxe sobre o seu rival Rómulo Roux.[18]
Resultados das eleccións
[editar | editar a fonte]Eleccións presidenciais
[editar | editar a fonte]Ano | Candidato | Votos | % | Resultado | ||
---|---|---|---|---|---|---|
1984 | Nicolás Ardito Barletta | 300 748 |
|
Si electo | ||
1989 | Carlos Duque Jaén | 184 900 |
|
Non electo | ||
1994 | Ernesto Pérez Balladares | 355 307 |
|
Si electo | ||
1999 | Martín Torrijos Espino | 481 988 |
|
Non electo | ||
2004 | Martín Torrijos Espino | 711 164 |
|
Si electo | ||
2009 | Balbina Herrera | 584 931 |
|
Non electa | ||
2014 | Juan Carlos Navarro | 521 842 |
|
Non electo | ||
2019 | Laurentino Cortizo | 633 143 |
|
Si electo |
Eleccións lexislativas
[editar | editar a fonte]Comicios | Votos | % | Deputados | Resultado | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
1984 | 153,182 |
|
34 / 67 |
Goberno | Dentro da Unión Democrática Nacional | ||
1989 | 114,741 |
|
6 / 67 |
Oposición | Dentro da Coalición de Liberación Nacional | ||
1994 | 355.307 |
|
30 / 72 |
Goberno | Dentro da Alianza Pueblo Unido | ||
1999 | 393,356 |
|
34 / 71 |
Oposición | Dentro da Alianza una Nueva Nación | ||
2004 | 649,157 |
|
41 / 78 |
Goberno | Dentro de Patria Nueva | ||
2009 | 1,110,354 |
|
26 / 71 |
Oposición | Dentro de Un País para Todos | ||
2014 | 521,842 |
|
26 / 71 |
Oposición | |||
2019 | 655,302 |
|
35 / 71 |
Goberno | Dentro de Uniendo Fuerzas (con MOLIRENA) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bigio, Isaac (2019). "“Centro-izquierda” gana presidenciales de Panamá". Alainet. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ Rodríguez, María (2019). "En Panamá nunca gana las elecciones el partido que está en el poder". Al Navío. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ "Elecciones en Panamá: quién es "Nito" Cortizo, al que declaran ganador de la votación presidencial con sólo un 2% de ventaja". BBC. 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ Herrera, Edna (2019). "Cortizo, favorito para ganar en Panamá". El Economista. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ "¿Quién es Laurentino Cortizo, el nuevo presidente de Panamá?". Estregia y Negocios. 2019. Consultado o 10 de decembro de 2019.
- ↑ Panamá, en segundos. "Más de millón y medio de panameños se inscribieron en partidos políticos" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "Muerte de Omar Torrijos". Panamá Vieja Escuela. Consultado o 18 de novembro de 2021.
- ↑ "Golpe de Estado de 1968". Panamá Vieja Escuela.
- ↑ "Ideología del PRD". Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Ideología del PRD". Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Manuel Antonio Noriega y el PRD". Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Library FES" (PDF). Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Los desaparecidos y asesinatos por la dictadura militar panameña.". Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Cruzada Civilista". Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "La Invasión de Estados Unidos a Panamá en 1989". Panamá Vieja Escuela.
- ↑ "Resultados das eleccións de 1994 (en inglés)". Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Referéndum para la ampliación del Canal.". La Estrella de Panamá. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2019.
- ↑ "Laurentino Cortizo se convierte en presidente de Panamá.". CNN.