Partido Social Demócrata Foral
Partido Social Demócrata Foral | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Jaime Ignacio del Burgo |
Historia | |
Fundación | 21 de febreiro de 1977 |
Disolución | 19781 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia, rexionalismo navarro |
1 Integración en Unión de Centro Democrático (UCD). Membro federado do Partido Social Demócrata. | |
O Partido Social Demócrata Foral foi un partido político navarro activo durante a Transición.
Foi creado no verán de 1976 por Jaime Ignacio del Burgo a partir de dúas asociacións preexistentes, Causa Ciudadana e Acción Social Democrática, e inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior o 21 de febreiro de 1977,[1] presentándose en sociedade en marzo de dito ano. Formaban o seu comité executivo Jaime Ignacio del Burgo, presidente, Juan Cruz Alli, Javier Hervada, Marisa Abril e Jesús Tanco. Outro militante que posteriormente acadaría sona foi Javier Gómara.
O PSDF era membro federado do Partido Social Demócrata de Francisco Fernández Ordóñez e Rafael Arias Salgado[2] e constituíu en Navarra, xunto co Partido Demócrata Liberal de Jesús Aizpún a coalición Unión de Centro Democrático, que se presentou ás eleccións xerais de 1977 obtendo tres escanos e tres senadores (entre eles, o presidente do partido, Del Burgo). Ao transformarse a UCD en partido político en 1978, o PSDF desapareceu.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrada do Partido Social Demócrata Foral na Enciclopedia Digital Ilustrada del País Vasco - "Auñamendi".