Pasítea (mitoloxía)
Nome orixinal | (grc) Πασιθέα ![]() |
---|---|
Biografía | |
Celebración | Mitoloxía grega ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Hipnos ![]() |
Fillos | Fântaso ![]() |
Pais | Zeus Dioniso ![]() Hera ![]() |
Irmáns | Aegiale ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Descrición de Grecia, (sec:9.35.4) ![]() |
Na mitoloxía grega, Pasítea (en grego antigo Πασιθέα Pasithea, "relaxación"), era unha das Cárites (en grego antigo Χάριτες), máis coñecidas como as tres Grazas, e era a personificación da relaxación, a meditación, as alucinacións e todos os demais estados alterados da conciencia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Canova-Three_Graces_0_degree_view.jpg/220px-Canova-Three_Graces_0_degree_view.jpg)
Adoita dicirse que estas tres deidades eran fillas de Zeus e Eurímone, pero segundo o poeta Nono de Panópolis era filla de Hera,[1] e de Dioniso.[2]
Familia
[editar | editar a fonte]Pasítea estaba casada con Hipnos, o deus do sono.[3]
As súas irmás eran Aglaia ("a resplandecente"), Eufrósine ("a alegría") e Thalía ("a florecente"). Na mitoloxía romana coñecíanse como as Gratiae, as "Grazas".
No libro 14 da Ilíada de Homero, Pasítea era unha das Cárites máis xoves. Hera prometeuna en matrimonio a Hipnos, o deus do sono a cambio dun favor: se o axudaba a dormir a Zeus.
Outra Pasítea
[editar | editar a fonte]Segundo Hesíodo, Pasítea era tamén o nome de unha das Nereidas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pasítea ![]() |