Saltar ao contido

Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traiñeira de Koxtape nos anos '90.

O Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea é un club de remo do barrio de Pasai Donibane da localidade de Pasaia, Gipúscoa (Euskadi). A súa cor é o rosa e a súa traiñeira chámase Erreka

O club constituíuse o día 12 de novembro de 1965, coa denominación de Club Atlético Koxtape, sendo a súa finalidade a práctica do atletismo, de aí o adxectivo aplicado ao mesmo. O seu nome era en lembranza e homenaxe a Dona Pilar Sansinenea.

As dificultades nas que se atopaba a mocidade practicante, tanto de ausencia de instalacións como de medios materiais e económicos, animaron aos integrantes do club a mudar de deporte, decatándose no comezo polo remo na especialidade de banco móbil no ano 1967. O remo era o deporte rei en San Xoán, mais a especialidade de banco móbil era unha faceta do remo que non se practicara na vila, e foi o club o que o puxo en marcha. Ao ter unhas instalacións para poder practicar, a baía pasaitarra, fixo que esta especialidade do remo se expandira e ademais que o club posteriormente comezara tamén a practicar o remo de banco fixo, en tódalas súas modalidades.

Foi un dos equipos fundadores da Liga ACT en 2003, e contribúe xunto co Sanpedrotarra e o Illunbe a que Pasaia sexa a única localidade do Cantábrico que se viu representada por tres equipos distintos na máxima competición do remo. Na tempada 2006 finalizou na última praza da Liga, e perdeu a categoría no play off de ascenso á Liga San Miguel, polo que competiu na Liga ARC ata o seu retorno á máxima categoría no 2010, regresando pola porta grande ao finalizar a Liga na terceira posición da táboa.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]