Pascual Zaera Rojo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1901 ![]() Provincia da Coruña, España ![]() |
Morte | 3 de marzo de 1956 ![]() Ferrol, España ![]() |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS ![]() |
Pascual Zaera Rojo, nado o 9 de xuño de 1901[1] e finado en Ferrol o 3 de marzo de 1956,[2] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pascual Zaera Taboada. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre de Carantoña. En 1931 presidía a Sociedad Agraria Republicana de Castro, Leiro y Carantoña e foi membro do comité organizador do Partido Agrario Radical Gallego. No franquismo afiliouse a FET y de las JONS e foi xefe local do Movimiento de Miño. Foi cesado como xefe local en xaneiro de 1942.[3] É autor da obra teatral La estrella de Perico.[4]. Morreu en Ferrol con 54 anos.