Paseo do Carboeiro
Aparencia
Coordenadas: 42°58′15″N 8°26′30″O / 42.970833782314, -8.4417241528225
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Paseo do Carboeiro é un parque situado en Sigüeiro (Oroso). Debe o seu nome ao río Carboeiro, que pasa a través desta zona. É un lugar de lecer ou descanso, no que hai un parque infantil e pistas deportivas, ademais de ser unha zona verde. Foi rematado cara 2008, aínda que máis tarde se construíu unha estatua conmemorativa, con forma de troita, xa que moitos pescadores aproveitan as zonas máis profundas do río para pescar nesta zona. No Paseo do Carboeiro celebrouse a primeira edición da Festa do Salvaxe Oeste de Sigüeiro.