Saltar ao contido

Patacón (gastronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patacón

Patacón con queixo.
Outros nomes Tostón, frito, tajada
Orixe Latinoamérica
Ingredientes
Orixe vexetal Plátano verde
Aceite
Condimentos Sal común

O patacón, tostón, frito ou tajada é unha comida a base de anacos esmagados fritos de plátano verde. É un prato popular en varios países latinoamericanos e caribeños como Colombia, Cuba, Ecuador, República Dominicana, Venezuela, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Guatemala, Porto Rico e Honduras.

Nas Antillas españolas, en Centroamérica (agás Panamá, Costa Rica e Honduras) e en partes de Venezuela coñécese como tostón.[1] Nos restaurantes da rexión amazónica e do norte do Perú[2] e tamén en Bolivia popularizouse mais non constitúe un prato tradicional. En Honduras, os patacones ou tostones son coñecidos como tajadas.

O nome provén da moeda colonial do mesmo nome.[3][4]

  1. "Patacones" (en inglés). Serving History. Consultado o 14 de setembro de 2010. 
  2. "Río Shilcayo - Restaurante". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 7 de marzo de 2011. 
  3. De la Concordia (4 de outubro de 1970). "ALGO SOBRE MONEDAS" (en español). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 19 de novembro de 2014. 
  4. Centro Numismático Buenos Aires. "El Patacón" (en español). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 19 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]