Saltar ao contido

Patrícia Hmírová

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatrícia Hmírová

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Čadca, Eslovaquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,63 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteira Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012– 1. FC Katowice (women)
2012–   Seleção Eslovaca de Futebol Feminino

UEFA: 250041015 Editar o valor en Wikidata

Patrícia Hmírová, nada en Čadca (Eslovaquia) o 30 de novembro de 1993, é unha futbolista eslovaca que xoga como dianteira no Deportivo da Coruña da Primeira División española. Internacional coa selección de Eslovaquia dende 2012, é a máxima goleadora da historia da súa selección nacional, con 24 goles en 112 partidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou na Primeira Liga de Eslovaquia coa camiseta do ŠKF Žilina e posteriormente xogou na Ekstraliga polaca, nas filas do 1. FC azs awf Katowice, o TS Mitech Żywiec e o Górnik Łęczna. Tras un breve paso polo FC Neunkirch suízo, regresou a Polonia en 2017 e xogou no Czarni Sosnowiec e de novo no Górnik Łęczna.[1][2]

En xullo de 2021 puxo rumbo a Chipre, para fichar polo Apollon Limassol, no que militou un ano.[2] No verán de 2022 recalou en España, onde asinou polo Sporting de Huelva, da Primeira división, club no que permaneceu dous anos.[3]

En xullo de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que viña de ascender á máxima categoría.[4]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

É internacional coa selección eslovaca, coa que disputou máis dun cento de partidos dende 2012.

  1. "Patrizia Hmirova". fcneunkirchfrauen.ch (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "ŽENY A – Hmírová posilou Apollonu Limassol: Rada skúšam nové veci" (en eslovaco). 27 de xullo de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  3. "El Sporting Club de Huelva ficha a la internacional eslovaca Patrícia Hmírová" (en castelán). 21 de xullo de 2022. Consultado o 19 de decembro de 2024. 
  4. "Patrícia Hmírová, velocidade e desborde para as bandas do Dépor ABANCA". 13 de xullo de 2024. Consultado o 19 de decembro de 2024.