Patrice Lacombe
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1807 ![]() Quebec, Canadá ![]() |
Morte | 6 de xullo de 1863 ![]() Montreal, Canadá ![]() |
Actividade | |
Ocupación | notario, novelista ![]() |
Xénero artístico | Roman du terroir (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Patrice Lacombe, nado en Oka o 20 de febreiro de 1807 e finado en Montreal o 6 de xullo de 1863, foi un escritor e notario quebequés. A súa novela máis importante é A terra paterna[1] (La Terre paternelle).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no instituto de Montreal de 1816 a 1825, onde destaca nas materias de linguas francesa e latina. Converteuse en notario en 1830, traballou ao servizo dos sulpucianos, ao levar a cabo o censo das súas propiedades. En 1835, casou con Léocadie Boucher, coa que non tivo fillo ningún.
En 1846, Lacombe publicou no Album littéraire de la Revue canadienne, a novela intitulada La Terre paternelle, pioneira do xénero literario denominado en francés roman du terroir, algo así como a novela agrícola canadense. Esta obra, que coñeceu diversas edicións, foi incluída en 1848 no denominado Répertoire national realizado por James Huston, unha antoloxía coa máis salientable literatura canadense do momento.
O crítico Maurice Lemire, no Dictionnaire biographique du Canada puxo en valor que Lacombe imitase o estilo dos grandes narradores franceses, como Honoré de Balzac ou Eugène Sue[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traducido ao galego por Marie Abraira, Hugin e Munin
- ↑ LEMIRE, Maurice, «Patrice Lacombe»
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- La Terre paternelle, na Bibliothèque électronique du Québec. (en francés)
- Réginald Hamel, John Hare et Paul Wyczynski, «Joseph Patrice Truillier Lacombe» Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., no Dictionnaire des auteurs de langue française en Amérique du Nord Arquivado 11 de decembro de 2009 en Wayback Machine., 1989 (en francés)