Patricia García González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1975 (49 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | empresaria, política |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Patricia García González, nada en Vigo o 12 de xullo de 1975, é unha empresaria e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo (1997). Impartiu clases en Thema Formación. Fundou en 1999 o grupo empresarial Femxa Formación e controla o holding empresarial Green Smart Ventures. En 2018 foi elixida presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia,[1] deixou o posto en 2021 para unirse ao PPdeG. Nas eleccións municipais de 2023 foi candidata no posto seis da lista do PPdeG de Vigo e non foi elixida concelleira. Logo da dimisión de Irene Garrido, entrou como concelleira.[2]
Membro da executiva do PPdeG de Vigo, foi candidata número dous na lista do PPdeG da provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas de 2024,[3][4] resultando elixida deputada.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Patricia García toma el relevo como primera presidenta del Círculo de Empresarios de Galicia Faro de Vigo.
- ↑ Las elecciones generales abocan a los primeros relevos en el pleno recién constituido en Vigo La Voz de Galicia.
- ↑ Rueda sitúa a la empresaria viguesa Patricia García como número 2 por Pontevedra Faro de Vigo.
- ↑ O PP ficha para as eleccións a unha empresaria que se adxudicou contratos da Xunta e outros gobernos afíns
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.