Patricia Iglesias Rey
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (46/47 anos) Carballo, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Empregador | Consello de Contas Universidade de Santiago de Compostela |
Patricia Iglesias Rey, nada en Carballo en 1978,[1] é unha avogada e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Dereito pola USC e, en xaneiro de 2005, ingresou no corpo de letrados da Xunta de Galicia traballando para diferentes consellarías.[2] Foi presidenta da Asociación de Letrados da Xunta[1] e, en 2019, foi nomeada Letrada Maior da Asesoría xurídica do Consello de Contas de Galicia.[2][3]
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, presentouse como independente no número 1 do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña[2] e saíu elixida deputada.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 G., S. (10 de xaneiro de 2024). "La carballesa Patricia Iglesias Rey, número uno del PSOE por A Coruña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Garrido Triñanes, Mateo (9 de xaneiro de 2024). "Una independiente con “un perfil profesional moi potente” encabezará la lista por A Coruña". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2024.
- ↑ "Patricia Iglesias Rey". obcp.es. Consultado o 12 de marzo de 2024.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patricia Iglesias Rey |