Patrick Ssenjovu
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Kayunga, Uganda (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, actor de cinema ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Patrick Ssenjovu, nado en Kayunga, é un actor de cine e teatro ugandés. Tamén traballa como director e como produtor de cine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]Aos catorce anos Ssenjovu converteuse no membro máis novo de Impact International, un grupo de danza e teatro, facendo actuacións por toda Europa e os Estados Unidos, incluíndo Woza Albert!, unha obra de sátira política. Logo mudouse a Nova York, onde se converteu en membro da Great Jones Repertory Company e traballou con xente como Meredith Monk, Ellen Stewart, Ping Chong, Barish Seth e Robert Wilson. Ssenjovu actuou en lugares como La MaMa Experimental Theatre Club, o Lincoln Center, o Teatro de Ohio e a St. Anne's Warehouse, os catro con sede en Nova York e o New Jersey Performing Arts Center, localizado en Newark, Nova Jersey.
Filmes e videoxogos
[editar | editar a fonte]Ssenjovu apareceu como "Ibrahim Moshoeshoe" en Game 6 (2005), un drama dirixido por Michael Hoffman, e en The Interpreter (2005), un filme de suspense dirixido por Sydney Pollack.
Ademais, fixo da voz de "Outros personaxes" en X-Men Origins: Wolverine (2009), un videoxogo de acción.
Produción e dirección
[editar | editar a fonte]No 2009, Ssenjovu produciu e dirixiu Awaken, unha curtametraxe e drama.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- WOZAALBERTArquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)