Patriotismo
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Patriotism_by_Francisco_P%C3%A9rez_del_Valle_%28Madrid%29_01.jpg/220px-Patriotism_by_Francisco_P%C3%A9rez_del_Valle_%28Madrid%29_01.jpg)
O termo patriotismo[1] emprégase para referise ao amor e/ou devoción polo país propio. A palabra provén do grego patris. Non obstante, trátase dun termo conflitivo que foi mudando o seu significado co correr das épocas, dependendo o seu sentido nun alto grao do contexto imperante. Distínguese o patriotismo do chauvinismo en que o patriotismo non ten connotacións forzosamente negativas. Así mesmo, o patriotismo distínguese tamén do nacionalismo en que este último termo fai referencia a unha ideoloxía política.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para patriotismo.