Paul B. Preciado
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1970 (54 anos) Burgos, España |
Educación | Universidade de Princeton The New School |
Actividade | |
Campo de traballo | Xénero, identidade sexual e pornografía |
Ocupación | escritor, activista LGBT, profesor universitario, director de cinema, columnista, filósofo, comisario de arte, teórico queer |
Empregador | Libération Universidade de París 8 |
Profesores | Jacques Derrida |
Participou en | |
4 de xaneiro de 2021 | Diálogo por Cataluña |
Tabakalera | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Virginie Despentes (2005–2014) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Paul B. Preciado, nado en Burgos o 11 de setembro de 1970, é un filósofo e escritor español. A súa obra céntrase en temas aplicados e teóricos relacionados coa identidade, o xénero, a pornografía, a arquitectura e a sexualidade.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o doutoramente en teoría da arquitectura na Universidade de Princeton, onde obtivo premio extraordinario fin de carreira e onde foi investigador. Fixo tamén un mestrado de Filosofía Contemporánea e Teoría de Xénero na New School for Social Research de Nova York. Foi alumno de Ágnes Heller e Jacques Derrida. É profesor de historia política do corpo, teoría do xénero, e historia da performance na Universidade París VIII.
Inspirado nas teses de Michel Foucault, reflexiona sobre os modos de subxectivación e identidade, tomando parte en distintos foros internacionais.[2] O seu libro Manifesto contra-sexual (2002), traducido a varios idiomas, é hoxe unha referencia na teoría queer.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Preciado anunciou a súa transición en 2014. O nome que lle deron ao nacer foi Beatriz; posteriormente adoptou o nome de Paul.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- Manifiesto contrasexual (2002)
- Testo yonqui (2008)
- El deseo homosexual (2009)
- Pornotopía. Arquitectura y sexualidad en «Playboy» durante la guerra fría (2010)
- Un apartamento en Urano. Crónicas del cruce (2019).
- Yo soy el monstruo que os habla. Informe para una academia de psicoanalistas (2020).
- Dysphoria Mundi (2022).
Colaboracións en libros colectivos
[editar | editar a fonte]- VV.AA.: Soft Power: biotecnología, industrias de la alimentación y de la salud y patentes sobre la vida. Bilbao: Consonni, 2012
Cinema
[editar | editar a fonte]- Orlando. Ma biographie politique (2023). Filme de autoficción baseado na novela Orlando, de Virginia Woolf.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stuettgen, Tim. "Disidentification in the Center of Power: The Porn Performer and Director Belladonna as a Contrasexual Culture Producer (A Letter to Beatriz Preciado)." Women's Studies Quarterly 35.1/2 (2007): 249–270.
- ↑ Grupo de Lecturas críticas en Feminismo y Filosofía. "¿Tanto puede un nombre de varón?". Revista Anfibia (en español). Consultado o 26 de marzo de 2019.
- ↑ Molina, Ángela (2016-01-29). "Llamadme Paul". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-09-04.