Paul Galdone
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1907 Budapest, Hungría |
Morte | 7 de novembro de 1986 (79 anos) Nyack, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | escritor, escritor de literatura infantil |
Premios | |
| |
Paul Galdone nado o 2 de xuño de 1907 e finado o 7 de novembro de 1986, foi un ilustrador e escritor máis coñecido polos libros ilustrados para nenos.
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu en Budapest no Imperio Austrohúngaro e emigrou aos Estados Unidos en 1921. Estudou arte na Art Student's League e na NY School for Industrial Design de Nova York. Serviu no exército estadounidense durante a segunda guerra mundial.
Carreira e honras
[editar | editar a fonte]Ilustrou case todos os libros de Eve Titus, incluíndo a serie Basil of Baker Street que foi levada ao cinema na película de animación de Disney, The Great Mouse Detective. Galdone e Titus foron nomeados para as Medallas Caldecott por Anatole (1957) e Anatole and the Cat (1958). Os títulos foron máis tarde chamados Caldecott Honor books en 1971. Recibiu postumamente o Premio Kerlan de 1996 pola súa contribución á literatura infantil. Os seus relatos de contos clásicos como A galiña vermella ou Three Billy Goats Gruff convertéronse en clásicos.
Morte
[editar | editar a fonte]O 7 de novembro de 1986 aos 79 anos morreu dun ataque cardíaco en Nyack, Nova York .
Escolma de obras
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Contribución | Texto |
---|---|---|---|
1946 | The Little Green Car | Ilustración | por C. D. Emerson |
1950 | The Reluctant Landlord | Ilustración | por Scott Corbett |
1951 | Nine Lives; or, the celebrated cat of Beacon Hill | Ilustración | por Edward Fenton |
1951 | Of Mikes and Men | Ilustración | por Jane Woodfin LCSH: (Ficción) Radio; Women Radio Writers; Portland |
1952 | Space Cat | Ilustración | por Ruthven Todd |
1956 | Anatole (serie de 10 até 1979) |
Ilustración | por Eve Titus cunha "aldea dos ratos" preto de París |
1958 | Basil of Baker Street (serie de 5 até 1982) |
Ilustración | por Eve Titus presentando "great mouse detective" |
1959 | Grandfather and I | Ilustración | por Helen E. Buckley |
1960 | The Different Dog | Ilustración | por Dale Everson |
1963 | The Blind Men and the Elephant | Ilustración | por John Godfrey Saxe, da fábula india Blind men and an elephant |
1963 | Paul Revere's Ride | Ilustración | do poema americano "Paul Revere's Ride" por Henry Wadsworth Longfellow |
1968 | Henny Penny | Adaptación e ilus. | da fábula "Henny Penny" |
1969 | George Washington's Breakfast | Ilustración | por Jean Fritz |
1969 | The Monkey and the Crocodile: A Jataka Tale from India | Escrito e ilus. | dun conto Jakata da India |
1970 | The Three Little Pigs | Adaptación e ilus. | da fábula The Three Little Pigs (Os tres porquiños) |
1971 | Three Aesop Fox Fables | Adaptación e ilus. | das fábulas de Esopo |
1971 | The Town Mouse and the Country Mouse | Adaptación e ilus. | do conto "The Town Mouse and the Country Mouse" |
1972 | The Three Bears | Adaptación e ilus. | do conto "Goldilocks and the Three Bears" |
1972 | The Moving Adventures of Old Dame Trot | Adaptación e ilus. | |
1972 | Honeybee's Party | Ilustración | |
1973 | The Little Red Hen | Adaptación e ilus. | do conto popular "Little Red Hen" |
1973 | The Three Billy Goats Gruff | Adaptación e ilus. | do conto noruegués Three Billy Goats Gruff |
1974 | Speak Up, Edie! | Ilustración | por Johanna Johnston |
1974 | Little Red Riding Hood | Adaptación e ilus. | do conto infantil Little Red Riding Hood (Carapuchiña Vermella) |
1974 | Jack and the Beanstalk | Adaptación e ilus. | do conto infantil Jack and the Beanstalk (Xan o das fabas máxicas) |
1975 | The Gingerbread Boy | Adaptación e ilus. | do conto americano The Gingerbread Boy |
1976 | Cinderella | Adaptación e ilus. | do conto infantil Cinderella (Cincenta) |
1976 | Puss in Boots | Adaptación e ilus. | do conto francés O gato con botas por Charles Perrault |
1977 | The Tailypo: A Ghost Story | Ilustración | por Joanna Galdone do conto "Tailypo" |
1978 | The Princess and the Pea | Ilustración | por Hans Christian Andersen do conto "The Princess and the Pea" |
1979 | Hans in Luck | Adaptación e ilus. | do conto "Hans in Luck" |
1980 | King of the Cats[1] | Adaptación e ilus. | do conto popular "King of the Cats" (O rei dos gatos) |
1983 | The Greedy Old Fat Man | Escrito e ilus. | |
1984 | The Elves and the Shoemaker | Adaptación e ilus. | do conto The Elves and the Shoemaker |
1985 | Rumpelstiltskin | Adaptación e ilus. | do conto Rumpelstiltskin |
1986 | The Three Little Kittens | Adaptación e ilus. | da canción infantil inglesa "Three Little Kittens" |
1987 | The Complete Story of the Three Blind Mice | Ilustración | por John W. Ivimey da canción infantil inglesa "Three Blind Mice" (publicación póstuma) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jacobs, Joseph (1980). Paul Galdone, King of the Cats: a ghost story. New York: Houghton Mifflin/Clarion Books. ISBN 0395290309. OCLC 5171415.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Galdone |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paul Galdone na Library of Congress Authorities, con 198 entradas no catálogo