Paul Russo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1914 Kenosha, Estados Unidos de América |
Morte | 13 de febreiro de 1976 (61 anos) Clearwater, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Crown Hill Cemetery (pt) 39°49′24″N 86°10′21″O / 39.823458, -86.172517 |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Paul Russo, nado o 10 de abril de 1914 en Kenosha, Wisconsin e finado o 13 de febreiro de 1976 en Clearwater, Florida, foi un piloto de carreiras estadounidense.
Carreira de coches Midget
[editar | editar a fonte]Comezou a correr en coches midget en 1934. Foise cun continxente de pilotos de coches midget a Hawai no inverno de 1934 - 35.[1] Foi campión do Eastern Midget da AAA de 1938. Russo gañou a primeira carreira disputada no Nutley Velodrome en Nova Jersey en 1938.[1]
Russo formou parte das carreiras de midget das "Chicago Gang" con Emil Andres, Tony Bettenhausen, Duke Nalon, Cowboy O'Rourke, Jimmy Snyder e Wally Zale.[1]
Carreiras de campionato
[editar | editar a fonte]Russo pilotou nas series AAA e o campionato USAC, competindo nas tempadas de 1940, 1941, 1946, 1954, 1956, 1959 e 1962 con 85 saídas, incluídas as carreiras das 500 Millas de Indianápolis de cada ano agás 1951 e 1952. Rematou entre as dez mellores 49 veces, con 3 vitorias: en Springfield (1950), Detroit (1951) e Williams Grove (1952). O mellor resultado de Russo na Indy 500 foi o cuarto en 1957 ao volante dun Novi Special. En 1955, Russo co-pilotou con Tony Bettenhausen ata o segundo posto.[1]
O irmán de Russo Joe e o seu sobriño Eddie tamén correron na Indianápolis 500.
O 13 de febreiro de 1976, Russo morreu na costa de Clearwater mentres estaba en Florida para as 500 Millas de Daytona. [1] Russo está enterrado no Cemiterio Crown Hill en Indianápolis.[2]
Premios a súa carreira
[editar | editar a fonte]- Russo entrou no Salón da Fama do National Midget Auto Racing en 1992. [1]
Resultados completos no campionato AAA / USAC
[editar | editar a fonte]*Compartido con Tony Bettenhausen
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
[editar | editar a fonte]
|
|
* Unidade compartida con Tony Bettenhausen
Resumo da súa carreira no Campionato Mundial
[editar | editar a fonte]As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato Mundial da FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Paul Russo participou en 8 carreiras do Campionato do Mundo. Acadou 1 volta rápida, rematou no podio unha vez e acumulou un total de 8,5 puntos no Campionato Mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Biography Arquivado 06 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. at the National Midget Auto Racing Hall of Fame
- ↑ "Indianapolis Auto greats" (PDF). Celebrating Automotive Heritage at Crown Hill Cemetery (Crown Hill Cemetery). 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2012. Consultado o 2012-09-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Russo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paul Russo en Find a Grave (en inglés)