Saltar ao contido

Paulino Lago Chouza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaulino Lago Chouza
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor en Wikidata
Porto do Son, España Editar o valor en Wikidata
Morte1999 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Muros, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Muros
1979 – 1983
← Manuel Fernández LamelaXosé Lago Hermida → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata
Premios

Paulino Lago Chouza, nado en Porto do Son en 1941 e finado en Muros na primavera de 1999, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre de EXB en Esteiro,[1] tiña fortes lazos familiares co concello de Muros. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro de Muros pola UCD, e accedeu á alcaldía trala dimisión do alcalde Manuel Fernández Lamela a finais do mes de maio dese ano, xunto co resto de compañeiros de lista da UCD, agás el, debido a discrepancias co partido.[2] Desta forma asumiu a alcaldía no mes de setembro. Nas municipais de 1983 encabezou a lista do PGI, pero foi derrotado polo PSdeG-PSOE que obtivo 4 concelleiros fronte a 3 del, polo que perdeu a alcaldía en favor de Xosé Lago Hermida. En novembro dese mesmo ano repetíronse as eleccións tras ser anuladas, logrando os socialistas unha vantaxe aínda maior con 7 concelleiros fronte a 2.

Faleceu na primavera de 1999. O 30 de outubro de 2008 el e mais Fernández Lamela foron proclamados fillos predilectos do concello de Muros de forma póstuma.


Predecesor:
Manuel Fernández Lamela
 
Alcalde de Muros
 
1979 - 1983
Sucesor:
Xosé Lago Hermida
  1. La Voz de Galicia, Santiago, 30-4-1983, p. 38.
  2. La Voz de Galicia, 30-5-1979, p. 35.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]