Paulo Castilho (escritor)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1944 ![]() Matosinhos, Portugal ![]() |
Embaixador | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, diplomático ![]() |
Paulo Castilho, nado en Matosinhos o 10 de febreiro de 1944, é un escritor e diplomático portugués.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do diplomático e ensaísta Guilherme de Castilho[2] e da escritora Marta de Lima (pseudónimo de Zulmira Castilho[3]), viviu de novo na África do Sul, Hong-Kong, Macau e Lisboa. Licenciouse en Dereito, na Universidade de Lisboa.[4]
Como diplomático de carreira estivo en Washington D.C. no perído de 1970 a 1971 e Londres (conselleiro da embaixada) no período de 1980 a 1985. Foi tamén embaixador en Estocolmo, na Letonia e na Irlanda.. Foi representante de Portugal no Consello da Europa, en Estrasburgo.
É un narrador atento aos desencontros ideolóxicos entre a xeración dos 60 e a xeración dos 80 de Portugal. Nunha escrita que usa a técnica da alternancia de puntos de vista na observación desapaixonada mais exacta do comportamento humano e da realidade cotiá, o estilo novelístico de Paulo Castilho, con recursos á frase curta, frecuentemente nominal, nunha especie de zapping construtivo, descompón unha civilización dominada polos media, pola publicidade, por unha visión do mundo construída a partir da industria cinematográfica norteamericana.[5]
Foi condecorado pola Presidência da República coa Grã-Cruz da Ordem do Mérito en 1995.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- O Outro Lado do Espelho (1983). Ed. Notícias. 164 páxs.
- Fora de Horas (1989). Contexto Ed.: ISBN 978-9725750759. Dom Quixote (2006) ISBN 9789722018517.
- Sinais Exteriores (1993). Contexto Ed. 304 páxs.
- Parte Incerta (1997). Contexto Ed. 234 páxs. ISBN 978-9725752265.
- Por Outra Palavras (2000). Contexto Ed. 430 páxs.
- Letra e Música (2008). Océanos. ISBN 9789892303222.
- Domínio Público (2011). Dom Quixote. 408 páxs. ISBN 978-9722046442.
- O sonho portugués (2015). Dom Quixote. 472 páxs. ISBN 978-9722057530.
- Despesa (2019). Kindle Edition.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Fernando Namora con Dominio Público (2012)
- Premio P.E.N. Club Portugués de Novelística con Fóra de Horas (1990)
- Grande Premio de Novela e Novela Curta APE/IPLB con Fóra de Horas (1989)
- Premio Municipal Eça de Queirós con Fóra de Horas (1989)
- Premio Literario Diario de Noticias con O Outro Lado do Espello (1984)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopédia Larousse (vol. 4). ISBN 978-972-759-924-0.
- ↑ Luz, Peregrino da. "Escritor Paulo Castilho - Feliz Aniversário ao autor para o qual “O rigor é um imperativo moral”". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 2020-03-31.
- ↑ Leme, Carlos Câmara. "Uma brincadeira muito a sério". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-03-31.
- ↑ História de Portugal - Dicionário de Personalidades (Vol. XIII). ISBN 989-554-118-X.
- ↑ "Paulo Castilho. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-31.
- ↑ "Despesa". www.goodreads.com. Consultado o 2020-03-31.