Pavia, Mora
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Évora | |||
Concello | Mora, Portugal | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 185,28 km² | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Pavia é unha vila portuguesa do concello de Mora, na comarca do Alentejo, con 185,28 km² de superficie e uns 1000 habitantes, variando segundo o ano (932 segundo o censo de 2011). A súa densidade de poboación é de 5 hab/km².
O territorio de Pavia está poboado dende a prehistoria, como o demostran os numerosos monumentos megalíticos da zona, incluíndo a Anta de Pavia, representada no escudo da vila.
As orixes históricas da actual poboación, a máis antiga do concello de Mora, remóntanse a un grupo de inmigrantes italianos, asentados a mans de D. Afonso III ou D. Dinis, tendo este último outorgado a primeira carta en 1287.
Johan Fernandes de Ardeleiro, escudeiro galego e un dos derradeiros trobadores da lírica galego-portuguesa medieval, tivo posesións en Pavia e puido frecuentar a corte de Don Dinís ou a do conde de Barcelos.[1]
O 16 de marzo de 1486 foi cedida por D. João II ao conde de Borba, con alcaldía e dereitos de herdanza. A aldea de Pavia pertenceu, por doazón, a varios nobres e á Coroa.
É vila e foi cabeceira comarcal entre 1287 e principios do século XIX .
Poboación
[editar | editar a fonte]Poboación da freguesía de Pavia [2] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
1 187 | 1 401 | 1 577 | 1 623 | 1 954 | 2 043 | 2 458 | 2 752 | 2 854 | 2 738 | 1 963 | 1 666 | 1 424 | 1 166 | 932 |
Proceso de formación da vila
[editar | editar a fonte]Na formación de Pavia destacan dúas fases de crecemento diferenciadas.
O núcleo medieval, caracterizado pola súa estrutura urbana en retícula, desenvolveuse de forma autónoma e excéntrica en relación á aglomeración existente.
A posición de defensa amurallada, de difícil acceso polo norte, fai pensar na orixe feudal do futuro "burgo". O desenvolvemento urbano linear ao longo do camiño en cumeada e a produción en serie das edificacións reflicten un proceso de formación e crecemento propios da Baixa Idade Media.
A parcelación, aliñamentos e reprodución dun tipo de edificación en banda constitúen un proceso urbanístico que se traduce nunha exploración intensiva da parcelación urbana.
Pavia foi historicamente sede do concello. A reforma administrativa da vila tivo lugar o 6 de novembro de 1836, integrando en Pavia os extintos concellos de Águias, Cabeção e Mora. Esta situación mantívose até o 17 de abril de 1838, cando a sede do concello de Pavia foi trasladada a Mora.
A parroquia de Pavia está hoxe formada por dúas aldeas, Pavia e Malarranha, cunha poboación que rolda os 1600 habitantes, sendo unha vila típica do Alentexo, alonxada de Ribatexo, está rodeada de paisaxe até onde alcanza a vista e onde se aprecian pequenos puntos brancos, típicos outeiros do Alentexo espallados entre sobreiras e aciñeiras .
Un vello proloquio rexional di que non hai que estar "En Mora nin umha hora en Mora, en Cabeção nen un serão, e en Pavía nen un día".
Nesta vila viviron ilustres personaxes como o mencionado Johan Fernandes (trobador), Fernando Namora (médico e escritor) e Manuel Ribeiro, que posteriormente adoptou o nome da vila como Manuel Ribeiro de Pavia (pintor), quen deixou un museo moi visitado.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa Matriz de São Paulo
- Antiga casa de Fernando Namora
- Igrexa da Misericordia
- Museo Hospitalario de Pavia
- Torre do Reloxo de Pavia
- Edificio do Consello Parroquial, antiga Alcaidaria e Paço do Concelho de Pavia
- Casa Museo Manuel Ribeiro de Pavia
- Antiga pousada dos Cabaleiros da Orde de Avis
- Anta de Pavia, transformada en Capela de São Dinis
- Igrexa de San Francisco
- Igrexa de Santo Antonio en Pavia
- Cromlech do Monte das Fontaínhas Velhas
- Patrimonio Arqueolóxico do Neolítico - vestixios dun castelo neolítico, dólmenes e a aliñación da Têra
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://core.ac.uk/download/pdf/61911805.pdf P.9
- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pavia, Mora |