Pavillón dos Remedios
Aparencia
O pavillón dos Remedios é un complexo deportivo de Ourense, o máis importante e amplo da cidade. Está situado a carón da capela dos Remedios.
Características
[editar | editar a fonte]Permite a práctica de deportes como natación e natación sincronizada (ten dúas piscinas, de 50 e 25 metros), baloncesto, balonmán, fútbol sala, patinaxe, ximnasia ou ximnasia rítmica.
Está xestionado polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, empresa pública dependente do concello[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consello Municipal de Deportes de Ourense Arquivado 19 de marzo de 2011 en Wayback Machine..