Payares, Ḷḷena
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Concello | Ḷḷena | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 106 (2020) (3,65 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 29,073 km² | ||||
Bañado por | Pajares River (en) | ||||
Altitude | 929 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33693 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33033130000 | ||||
Payares[1] é unha parroquia do concello asturiano de Ḷḷena.
Situación
[editar | editar a fonte]Atópase na aba das montañas da cordilleira Cantábrica, a unha altitude duns 970 metros. Dá nome ao val onde se atopa, ao río que discorre pola vila e ao porto de montaña de Payares (1378 m), que durante séculos foi a principal vía de comunicación enre Asturias e o resto da península.
Ocupa o extremo suroriental do concello e linda ao sur e ao leste coa provincia de León, ao oeste coas parroquias de Samiguel del Río e Chanos de Somerón e ao norte e nordés coa parroquia de Cabezón. Ten unha extensión de 43,62 km² e unha poboación de 111 habitantes (segundo datos de 2018). A meirande parte deles vive na vila homónima, e os outros repártense entre os lugares de El Brañiḷḷin, La Campa, Floracebos, La Malvea, El Nocíu, La Estación, La Pedrosa, Santa Marina e Viḷḷar. Os seus habitantes reciben o alcume de bainas.
Estación de esquí
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Valgrande-Pajares.
Destaca nesta parroquia a estación invernal e de montaña Valgrande-Pajares, principal motor económico da zona.
A estación de esquí comezou a súa actividade no porto de Payares, xunto ao Parador de turismo do porto, onde Jesús Suárez Valgrande construíu o primeiro telesquí (La Cerra) en 1954, sendo unha das primeiras estacións de esquí españolas. Actualmente, as instalacións deportivas atópanse nas abas de Cueto Negro (1890 m), a un par de quilómetros do porto de Payares, xunto á urbanización de El Brañiḷḷin, onde comezan os dominios da estación de esquí.
Payares na cultura popular
[editar | editar a fonte]A vila de Payares, pola súa condición de lugar de paso obrigado no camiño que leva a Castela dende o centro de Asturias, é nomeado en multitude de ditos e cantares. Dous que recolle Luciano Castañón son os seguintes:
(Orixinal en lingua asturiana):
- Cuando las tres Marías (que son tres estrelas) van al paliru, salen las de Payares al filandiru.
- En Payares non te pares, en la Romía nin de noche nin de día.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 6 de agosto de 2021.