Pazo da Cultura de Narón
Aparencia
Pazo da Cultura de Narón | |
---|---|
Vista da fachada. | |
Mapa de Galiza | |
Enderezo | Rúa Holanda s/n, 15570 Narón (A Coruña) |
Cidade | Narón |
País | España |
Propiedade de | Concello de Narón |
Dirixido por | Padroado da cultura |
Capacidade | 712 + 93 (platea 1) + 93 (platea 2) |
Inauguración | 13 de decembro de 2008 |
Estilo | Industrial |
Uso actual | Teatro, danza e música |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo da Cultura de Narón é un edificio cultural inaugurado en 2008 no Concello de Narón. Substitúe nesas funcións ao Auditorio de Narón do Alto do Castiñeiro que ten unha capacidade de 400 persoas. No novo Pazo da Cultura de Narón, o Padroado da Cultura de Narón organiza diversas actividades culturais como obras teatrais, danza e música.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Pazo da Cultura de Narón foi na súa inauguración o segundo maior auditorio de Galiza. O edificio é sede do:
- Padroado de Cultura de Narón,
- Escola Profesional de Teatro de Narón e das escolas de baile, música e danza.
Distribución
[editar | editar a fonte]- Andar soto: maquinaria, instalacións, aulas e salas de ensaio.
- Andar escena: almacéns, obradoiros e escena.
- Espazo da escena: camerinos no andar baixo e primeiro, almacéns e controis no andar segundo.
- Andar baixo: obradoiros, salas, secretaría e arquivos.
- Andar primeiro: salas de ensaio, almacéns e vestiarios.
- Andar segundo: aulas.
- Edificio do teatro: patio de butacas, palcos, dous anfiteatros, salas de control e aseos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pazo da Cultura de Narón Arquivado 08 de marzo de 2013 en Wayback Machine.