Pazo de Lanzós
Aparencia
Pazo de Lanzós | |
---|---|
Concello | Betanzos |
Provincia | A Coruña |
Comunidade | Galiza |
Coordenadas | 43°16′51″N 8°12′43″O / 43.280833, -8.211944 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | - (Pazo de Lanzós) |
Estilo actual | (século XVII) 1620 e 1625 (Século XVIII) |
Estado actual | En bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo de Lanzós é unha casa grande situada na rúa Lanzós de Betanzos, fronte á igrexa de Santiago. Actualmente é un establecemento de hostalería.
Descrición
[editar | editar a fonte]Foi construído no século XVII entre 1620 e 1625. Na fachada hai un balcón, alongado ao exterior suxeito por tres canzóns. Ten porta principal rectilínea, que remata un frontón partido polo brasón do primeiro conde de Maceda.
O edificio mantén a súa estrutura inicial, con pequenas modificacións. Na torre, chamada torre de Lanzós, substituíron as ameas por tellado, taponaron seteiras e abriron novos vans. A cachotería está recuberta de cemento.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Torre.