Saltar ao contido

Pazo de Leis, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Leis
ConcelloA Baña
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°58′10″N 8°44′18″O / 42.96949107343, -8.7383318301734Coordenadas: 42°58′10″N 8°44′18″O / 42.96949107343, -8.7383318301734
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(XVI)
Estado actualpropiedade privada
editar datos en Wikidata ]

O pazo de Leis, ou pazo do Barro, é unha casa señorial tradicional situada no Barro de Arriba (O Barro, A Baña).[1]

Trátase dunha edificación do século XVI en bo estado de conservación que está composta por unha torre e un corpo acaroado. Os muros están feitos de cachotaría e cadeirado de granito. Ten tellado a catro augas no corpo máis elevado e a dúas no inferior. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao marquesado dos Leis. O pazo foi mercado e restaurado por unha familia non vinculada ao marquesado dos Leis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pazo de Lleis na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]