Saltar ao contido

Pazo dos Deportes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pazo dos Deportes de Lugo»)
Pazo dos Deportes
Datos
Coordenadas42°59′28″N 7°32′43″O / 42.991244, -7.545235
LocalizaciónLugo, Galicia
AlcumeO inferno celeste
Outros nomesPazo Universitario
Construción
Inauguración12 de setembro de 1992
Estadio
Capacidade5 310 espectadores[1]
Asist. máxima7 500 (23 de abril de 1995)[2]
Breogán 68 - 69 Valvi Girona
PropietarioLugo
OperadoraClub Baloncesto Breogán
LocalíaClub Baloncesto Breogán
Club Deportivo Ensino
Eventos
Copa do Rei de baloncesto (1993)
Torneo Internacional Lugo10 (2010)
editar datos en Wikidata ]

O pazo provincial dos deportes de Lugo é un pavillón polideportivo situado na cidade de Lugo,[3] no barrio de Acea de Olga. Ten capacidade para 5.310 espectadores[4]. Foi inaugurado en 1992.

O Pazo dos Deportes foi inaugurado o 13 de setembro de 1992 co torneo Xacobeo, no que participaron, a parte do equipo lucense, o Elosúa León, o Maccabi Tel Aviv e o Real Madrid. Na primeira semifinal que enfrontou ao Breogán de Velimir Perasović ao Real Madrid, o madrileños conseguiron a vitoria. No partido polo terceiro e cuarto posto o Breogán vencería por un punto aos macabeos.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

Dedicado principalmente ao baloncesto, xa que nel bogan o Club Baloncesto Breogán e o Club Deportivo Ensino, tamén dispón de ximnasio, canchas de squash, e pistas polideportivas anexas. Tamén ten acollido encontros da primeira división da LNFS do Prone Lugo e do Barcel Euro Puebla, ademais de encontros internacionais de baloncesto de todas as categorías.

O pazo está situado no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, motivo pola cal é ás veces chamado "pazo universitario" ou "universitario" simplemente. Conta nos arredores cunha piscina cuberta e pistas de atletismo. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]