Pazo dos Deportes
Pazo dos Deportes | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | pavillón deportivo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Lugo ![]() | |||
Localización | Lugo, Galicia | |||
Datas | ||||
Fundación | 12 de setembro de 1992 ![]() | |||
Inauguración | 12 de setembro de 1992 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 5 310 espectadores[1] | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Lugo ![]() | |||
Operador/a | Club Baloncesto Breogán ![]() | |||
Ocupante | Club Baloncesto Breogán ![]() | |||
Visitantes anuais | 7 500 (23 de abril de 1995)[2] Breogán 68 - 69 Valvi Girona | |||
Deporte | ||||
Localía | Club Baloncesto Breogán Club Deportivo Ensino | |||
[ Wikidata ] |
O pazo provincial dos deportes de Lugo é un pavillón polideportivo situado na cidade de Lugo,[3] no barrio de Acea de Olga. Ten capacidade para 5.310 espectadores[4]. Foi inaugurado en 1992.
Historia
[editar | editar a fonte]O Pazo dos Deportes foi inaugurado o 13 de setembro de 1992 co torneo Xacobeo, no que participaron, a parte do equipo lucense, o Elosúa León, o Maccabi Tel Aviv e o Real Madrid. Na primeira semifinal que enfrontou ao Breogán de Velimir Perasović ao Real Madrid, o madrileños conseguiron a vitoria. No partido polo terceiro e cuarto posto o Breogán vencería por un punto aos macabeos.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Dedicado principalmente ao baloncesto, xa que nel bogan o Club Baloncesto Breogán e o Club Deportivo Ensino, tamén dispón de ximnasio, canchas de squash, e pistas polideportivas anexas. Tamén ten acollido encontros da primeira división da LNFS do Prone Lugo e do Barcel Euro Puebla, ademais de encontros internacionais de baloncesto de todas as categorías.
O pazo está situado no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, motivo pola cal é ás veces chamado "pazo universitario" ou "universitario" simplemente. Conta nos arredores cunha piscina cuberta e pistas de atletismo. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista frontal do Pazo dende o aparcadoiro.
-
Lateral do Pazo con parte do aparcadoiro superior.
-
Pistas de atletismo próximas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/forzabreo/2022/12/13/pazo-aliado-fiel-breo/0003_202212L13P42991.htm
- ↑ ACB (ed.). "Breogán Lugo - Valvi Girona" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ "Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de maio de 2010.
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/forzabreo/2022/12/13/pazo-aliado-fiel-breo/0003_202212L13P42991.htm