Pazos, Codosedo, Sarreaus
Pazos | |
---|---|
Vestixios da Lagoa de Antela en Pazos | |
Parroquia | Codosedo |
Concello | Sarreaus |
Coordenadas | 42°08′05″N 7°36′13″O / 42.13472222, -7.60375 |
Poboación | 51 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pazos é un lugar da parroquia de Codosedo, no concello ourensán de Sarreaus, na comarca da Limia. Segundo o Instituto Galego de Estatística, no 2010 tiña 56 habitantes (27 homes e 29 mulleres), o que supón que non variou o número de habitantes con respecto ao ano 2009 cando tiña 56 habitantes. En 2016, segundo o INE, tiña 51 habitantes, 26 mulleres e 25 homes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo, pode derivar do latín palatium ("pazo, casa boa"), do antropónimo Palatius ou tamén dunha palabra prelatina co significado de "curral".[1]
Algúns dos microtopónimos da zona son Os Boscos, A Costa, A Coutada, O Curulo, As da Calva, O Carril, O Gualdo, O Lagar, As Lamarellas, A Lameira da Murela, Os Lameiros Covos, As LLanadas, As Longariñas , Oello, O Outeiro, A Pedra Darca, A Pena Carreira, A Plaza de Requeixo, A Plaza do Castiñeiriño, As Plazas, O Pomar, O Pontón, As Pozas Redondas, O Prado dos Bois, O Regueiro, A Ría, A Santa Cruz, A Seara, A Seara de San Pedro, A Seara Vella, O Souto Vello, O Talariño, Os Teares, A Telleira, O Teso, A Torre (recollidos o 12/11/2017, fonte: señor Francisco de Pazos)
Notas
[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Codosedo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Codosedo no concello de Sarreaus (Ourense) | |
---|---|