Pedal de bicicleta
Aparencia

Un pedal de bicicleta é unha ferramenta de apoio que conteñen as bicicletas dende 1860 até hoxe. Os pedais viran sobre un eixo ancorado á biela e están compostos basicamente por dúas partes: unha superficie de apoio, na cal se pousan os pés, e o eixo, que acciona o movemento en contacto coa biela e a cadea. Os pedais antigamente estaban fabricados en madeira e ferro, pero pronto evolucionaron até chegar a ser de plástico, ferro, aluminio e, os máis modernos, de fibra de carbono.