Pedro Acacio Sandoval
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1870 ![]() Villarrobledo, España ![]() |
Morte | 28 de xullo de 1936 ![]() Villarrobledo, España ![]() |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo ![]() |
![]() | |
Representa: Confederación Española de Derechas Autónomas 4 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Albacete (en) ![]() | |
![]() | |
Representa: Partido Agrario Español 26 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Albacete (en) ![]() | |
Presidente da Deputación Provincial de Albacete | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, propietario ![]() |
Partido político | Confederación Española de Derechas Autónomas ![]() |
Pedro Acacio Sandoval, nado en Villarrobledo (provincia de Albacete) en 1870 e finado na mesma localidade o 28 de xullo de 1936, foi un político español. Pertencía a unha das familias acomodadas desa localidade. Foi propietario do Diario de Albacete, deputado agrario en 1933 e posteriormente deputado da CEDA.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante o seu primeiro período de actividade política foi monárquico conservador, e presidiu a Deputación de Albacete entre o 4 de maio de 1915 e o 1 de maio de 1917.
O 29 de xaneiro de 1931 tomou posesión como concelleiro de Villarrobledo, localidade da que chegou a ser alcalde. Coa chegada da II República presentouse a deputado nas Cortes como agrario independente, non resultando elixido. Porén, en 1933 conseguiu un escano logo de presentar a súa candidatura pola Unión Agraria Provincial. Nas eleccións de 1936 foi reelixido como candidato de CEDA xunto a Antonio Bernabeu Yeste, de Acción Popular, e Mateo Sánchez Rovira, do Partido Agrario, dentro da candidatura do Centro Dereita.
Finou asasinado nos inicios da guerra civil española, fusilado no camposanto de Villarrobledo a noite do 27 ao 28 de xullo de 1936.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mery de la Peña Acacio.