Pedro Acuña Malvar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1755 ![]() Salcedo, España ![]() |
Morte | 22 de novembro de 1814 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, clérigo ![]() |
Familia | |
Irmáns | Manuel Acuña Malvar ![]() |
![]() |
Pedro Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 12 de abril de 1755 e finado en Madrid en de 1814, foi un sacerdote e político galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Manuel Acuña Malvar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ignacio Acuña Martínez e de María Malvar Pinto, en 1777 acompañou a seu tío o franciscano Sebastián Malvar a América cando este foi nomeado bispo de Buenos Aires. Foi gobernador, provisor e vigairo do arcebispado de Santiago de Compostela e cóengo da Catedral de Santiago de Compostela. Logo de ocupar varios postos na Corte Real, en 1791 foi nomeado secretario do Despacho de Graza e Xustiza polo rei Carlos IV.
Abandonou o posto e regresou a Galiza. Cando comezou a Guerra da Independencia española loitou contra as tropas francesas, mais foi acusado de conspirar contra a Xunta Suprema do Reino de Galicia.
Legou a súa importante biblioteca ó cabido de Santiago de Compostela, así como unha das máis ricas coleccións de tapices á catedral.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yzquierdo Peiró, Ramón (2018). "Pedro Acuña y Malvar y su legado la colección de tapices de la catedral de Santiago" (PDF). Ad limina (9): 109–162. ISSN 2171-620X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro Barral, José (2005). "Acuña y Malvar, Pedro". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ACUÑA Y MALVAR, Pedro". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 12.
- Fernández Villamil, Enrique (1968). "Tres notas de la vieja Pontevedra para la biografía de D. Pedro de Acuña y Malvar". El Museo de Pontevedra (en castelán) (22): 115–119.