Pedro Calvo Camina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1855 Meneses de Campos, España |
Morte | 11 de abril de 1937 (81 anos) Madrid, España |
Maxistrado Province Court of Zaragoza (en) | |
1909 – 1913 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | xuíz |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Elisa Sotelo Lafuente |
Fillos | María del Pilar Calvo Sotelo, Luis Calvo Sotelo, José Calvo Sotelo, Leopoldo Calvo Sotelo, Joaquín Calvo Sotelo |
Pedro Calvo Camina, nado en Meneses de Campos o 7 de xuño de 1855 e finado en Madrid o 11 de abril de 1937, foi un xuíz español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na rúa de En Medio, que actualmente leva o seu nome. Fillo de Gregorio Calvo Herrera (natural de Villerías de Campos) e de Tomasa Camina Andrés, de Meneses. Foi bautizado na igrexa parroquial da Nosa Señora do Tovar, sendo apadriñado polo seu tío Joaquín Camina e a súa irmá Dionisia Calvo. O tío, sacerdote, fíxose cargo del ao quedar orfo.
En 1877 licenciouse en Dereito Civil e Canónico na Universidade de Valladolid. En 1879 abriu despacho en Peñaranda de Bracamonte (provincia de Salamanca), onde exerceu de xuíz municipal de 1881 a 1883, e pasou a ser xuíz de primeira instancia e instrución. En 1885 aprobou oposicións como maxistrado. O 7 de outubro dese ano foi nomeado vicesecretario da Audiencia de Bilbao, e en xuño de 1886 tomou posesión do xulgado de primeira instancia de Castropol. Dous meses despois foi destinado a Luarca. En 1889 conseguiu praza como titular no xulgado de primeira instancia e instrución de Lucena (provincia de Córdoba), e ese mesmo ano foille asignado o xulgado de Tui.
En 1897 pediu o traslado a Avilés, mais foi destinado a León. O 12 de xaneiro de 1900 foi destinado á Coruña, onde en 1901 instruíu unha orde de busca e captura contra Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga[1]. Entre 1909 e 1913 foi Maxistrado da Audiencia de Zaragoza. O 13 de xaneiro de 1913 foi nomeado presidente do Tribunal Industrial de Madrid, e en 1917 Presidente da Sala de Audiencia de Sevilla, se ben nese mesmo ano foi nomeado Fiscal do contencioso do Tribunal Supremo de España. En 1924 foi designado presidente da Audiencia Provincial de Madrid. Xubilouse o 10 de xuño de 1925. En 1924 foi nomeado fillo predilecto da súa vila natal.
Obra
[editar | editar a fonte]- La instancia única en lo civil y en la organización de los tribunales.
- Comentario a la ley de Tribunales industriales de 22 de julio de 1912 con las disposiciones de carácter sustantivo y adjetivo que la complementan (Madrid, Librería V. Suárez, 1917)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 29 de xaneiro de 1887 con Elisa Sotelo Lafuente, de Ribadeo. Foron pais de José (1893-1936), Leopoldo (1894-1933) e Joaquín Calvo Sotelo (1905-1993).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ de Gabriel, N. (2008): Marcela e Elisa. Alén dos homes. Ed. Nigra Trea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- José Dobón (21 de xullo de 2012). "Pedro Calvo Camina". Meneses de Campos (en castelán).