Pedro Castro Eiroa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1947 ![]() Mera, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Defensa |
Pedro Castro Eiroa, nado en Mera o 25 de novembro de 1947, é un exfutbolista galego, que desenvolveu a súa carreira en Venezuela. Defendeu durante máis dunha década a camiseta do Deportivo Galicia e foi capitán da selección venezolana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogou no Hércules de San Pedro de Nós, antes de emigrar coa súa familia a Venezuela.[1] En Caracas xogou no Sporting Coruñés, adestrado por Antonio Villar Chao, conquistando o Torneo Ibérico e en 1968 levouno para o Deportivo Galicia Lázaro Candal, secretario técnico do club.[2]
En 1971 foi chamado polo adestrador galego Eduardo Toba para facer unha proba co Real Oviedo.[3] Ademais adestrou co Deportivo da Coruña ás ordes de Arsenio pero acabou regresando a Caracas. Xogou no Galicia ata 1982, conquistando tres veces a Primeira División de Venezuela e outras tres a Copa de Venezuela.
Tras a súa retirada traballou coas categorías inferiores da selección venezolana.
Selección de Venezuela
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección venezolana o 31 de xullo de 1975, nun partido da Copa América fronte ao Brasil en Caracas. Ao comezo da segunda parte sufriu unha grave lesión que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante dous anos. Con todo, volveu á selección anos despois e converteuse no seu capitán. Xogou o seu último partido coa Viño Tinto o 28 de xuño de 1981 fronte a España.[4]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Sporting Coruñés
[editar | editar a fonte]- Torneo Ibérico (1): 1967/68.
Deportivo Galicia
[editar | editar a fonte]- Primeira División de Venezuela (3): 1969, 1970 e 1974.
- Copa Venezuela (3): 1969 , 1979 e 1981.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Voz del aficionado". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 1971. p. 15.
- ↑ "Pedro “El Gallego” Castro un defensa central de lujo, testimonios de compañeros que compartieron en la cancha con él" (en castelán). 11 de outubro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2021.
- ↑ "Pedro Castro, sometido a prueba por el Oviedo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 1971. p. 16.
- ↑ "Venezuela - España 1981". sefutbol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2021.