Pedro Cifré
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1947 (76/77 anos) Pollensa, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | deportista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Pedro Cifré Oliver, nado en 1947 en Pollença, Illas Baleares, e un ex xogador internacional e adestrador de baloncesto español. Foi internacional absoluto con España en 3 ocasións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pedro Cifré xogou en equipos da máxima categoría do baloncesto como o La Casera Lugo,[1] o Estudiantes ou o Patronato Bilbao, así como do Sant Josep de Badalona, o Círcol Catòlic de Badalona, o Yanko, o Constancia, o Kollflex e o CB Alcudia, equipo co cal se retirou en 1987.
En 1966 foi seleccionado para participar coa selección española nos campionatos de Europa júnior. A mesma tempada (1966-67) xogou cinco partidos coa selección española B e tres coa selección absoluta. Como adestrador de baloncesto de base, levou ao colexio Sant Josep de Badalona a gañar o campionato do mundo escolar de baloncesto. Finalmente, regresou a Mallorca onde fundou a escola de baloncesto do Alcudia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mallorca, tierra de campeones" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2013. Consultado o 12 de abril de 2013.