Saltar ao contido

Pedro Guimarey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Guimarey
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1905 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, político Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1289172 Nomes e Voces: 3917

Pedro Guimarey Filgueiras, nado en Ferrol o 5 de xullo de 1905 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1936, foi un escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Practicante de profesión, colaborou en El Practicante Galaico. Escritor e bibliotecario do Centro Obreiro de Cultura. En 1931 publicou algúns poemas en castelán na revista Vida Gallega, colaborou en El Gráfico, fíxose cargo do periódico Nueva infancia. Ensayo de periódico para niños e dirixiu o semanario Renovación. Foi presidente do Partido Republicano Democrático Federal de Ferrol (1933). En 1934 integrouse en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ferrol o 20 de setembro de 1936.

Amais da súa vida cultural e política foi futbolista, chegando a militar no Racing Club de Ferrol na temporada 1924/25 aínda que sen disputar partidos de competición oficial co club verde.

  • Pepa Andrea, Nós, 1933 (reimpresión: Concello de Ferrol, 2018)
  • La Luminaria de Dios, 1934.
  • Nidos de esclavos, 1935.
  • Doña Tierra, estreada no Teatro Jofre en xuño de 1936[1].
  1. El Pueblo Gallego, 23 de xuño de 1936, p. 9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]