Pedro Huarte Iribarren
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1972 (52 anos) Pamplona, España |
Alcalde de Zizur Mayor | |
2007 – 2011 ← Luis María Iriarte Larumbe (en) – Luis María Iriarte Larumbe (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Nafarroa Bai Aralar |
Pedro Jesús Huarte Iribarren, nado en Pamplona o 21 de decembro de 1972, é un político navarro, militante de Aralar. Foi alcalde de Zizur Nagusia (Navarra) entre 2007 e 2011 pola coalición Nafarroa Bai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pedro Huarte presentouse polas listas de Nafarroa Bai en Zizur Nagusia nas eleccións municipais de 2007 e foi elixido candidato á alcaldía da localidade, na que conseguiría 5 dos 17 concelleiros que compoñen o concello, situándose como segunda forza política. Foi investido alcalde co apoio de Nafarroa Bai (5), PSN-PSOE (3) e IUN-NEB (1), substituíndo a Luis María Iriarte de UPN. Accedeu á alcaldía con 34 anos, sendo o terceiro alcalde máis novo que tivo Zizur Nagusia, por detrás de Luis Ibero e Jon Gondán.