Pedro Humire
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1935 Socoroma, Chile (en) |
Morte | 13 de agosto de 2020 (85 anos) Coronel, Chile |
Grupo étnico | Pobo aimará |
Educación | Universidade de Chile - filosofía, lingua castelá |
Actividade | |
Ocupación | escritor, artesán, poeta, músico, folclorista |
Xénero artístico | Poesía |
Pedro Humire Loredo, nado en Socoroma o 30 de xuño de 1935 é un escritor e músico aimará chileno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Daniel Humire Carrasco e Jesusa Loredo Gómez, foi o menor de 9 irmáns. Estudou lingüística e literatura na Universidade de Santiago de Chile e traballou como mestre rural. É autor de varios libros de poesía como Parinacota, Sukurumampi Piñalulina e Relatos tradicionales aymaras. Polo seu apoio ao goberno de Unidade Popular de Salvador Allende, pasou un ano detido como preso político ao comezo da ditadura de Augusto Pinochet[1]. Gañou varios premios universitarios e nacionais de poesía e canción indíxena, e Logrou dúas veces o premio de poesía indíxena de Chile, versión aimará, en 1999 con "Aka jach’ a Pampa" mais en 2002 con "Uma". A súa obra apareceu tamén en varias escolmas como Antología de la Poesía del Norte en 1966 ou Antología de tres escritores aymaras de la Región Arica-Parinacota, Chile en 2014. Tamén estudou a vitalidade da lingua aimará no norte de Chile e publicou en 1986 artigo "Influencia de la cultura occidental en la desaparición de la lengua aymara en el norte de Chile",[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pedro Humire, el poeta que fue torturado por tener rostro de indígena Arquivado 13 de outubro de 2016 en Wayback Machine. Solidaridad, 27 de febreiro de 2016
- ↑ Pedro Canales "Intelectualidad indígena en América Latina: Debates de descolonización, 1980-2010" Universum. Vol. 2. Nº28. 2014 Universidad de Talca