Pedro Osorio
Nome orixinal | Pedro Osorio de Villalobos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | antes de 1498 [1] Pontedeume, España |
Actividade | |
Período de actividade | (Con vida en: século XIV ) |
Carreira militar | |
Conflito | Gran Guerra Irmandiña |
Outro | |
Título | Señor de Villalobos |
Familia | Casa de Moscoso |
Cónxuxe | Urraca de Moscoso [2] (Condesa de Altamira) |
Fillos | Afonso Osorio de Moscoso Bernal Yáñez de Moscoso Rodrigo Osorio de Moscoso Álvaro Pérez Osorio [3] |
Pais | Pedro Álvarez Osorio e Isabel de Roxas [1] |
Pedro Osorio de Villalobos, señor de Navia, Burón e Val de Lourenzá,[3] foi un nobre galego do século XV que participou na Gran Guerra Irmandiña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o quinto fillo de Pedro Álvarez Osorio, señor de Villalobos e primeiro conde de Trastámara, que faleceu despois do cerco de Santiago de Compostela. Por matrimonio estaba vinculado á familia dos Moscoso.
Durante a revolta dos Irmandiños dirixiu a irmandade no señorío de Santiago, e participou activamente na destrución do Castelo da Rocha Forte. Foi derrotado por Pedro Madruga na Almáciga, ás portas de Compostela, e en 1469 quedou preso por Diego de Andrade en Pontedeume onde morreu.[4]
Tivo catro fillos, Afonso Osorio de Moscoso (que morreu de peste en 1496 en Flandres), Bernal Yáñez de Moscoso, Rodrigo Osorio de Moscoso,[5] segundo conde de Altamira finado o 15 de xaneiro de 1510 en Orán e Álvaro Osorio de Moscoso,[6] dominico bispo de Astorga.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lamigueiro, José Luis. "Pérez Osorio s. XIV-XVI". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 28 de decembro de 2016.
- ↑ Calderón, C. (2007). "Doña Urraca de Moscoso: de la crónica a su testamento. Perfil de una noble gallega de la segunda mitad del siglo XV"
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lamigueiro, José Luis. "Osorio de Moscoso, s. XV-XX". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016.
- ↑ "Osorio de Moscoso" Bermudez de Castro. Genealogía (en castelán).
- ↑ "Osorio de Moscoso, Rodrigo". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 103. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ "Osorio de Moscoso, Álvaro". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 103. ISBN 84-7680-288-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vicetto Pérez, Benito (1872). Historia de Galicia 6.
- "Pedro Osorio". Diccionario enciclopédico galego universal 48. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 47. ISBN 84-7680-429-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lamigueiros, José Luis ."Pérez Osorio s. XIV-XVI" Arquivado 01 de novembro de 2021 en Wayback Machine. e "Osorio de Moscoso, s. XV-XX" Arquivado 23 de abril de 2016 en Wayback Machine. Xenealoxías do Ortegal.
- Ficha no sitio web do castelo da Rocha Forte