Pedro P. Riobó
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 ![]() Moaña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, escritor ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Pedro Pablo Riobó Sanluís, nado en Moaña en 1959,[1] é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor xubilado de secundaria das materias de Lingua Galega e Artes Escénicas e director de teatro amador e escolar. Tradutor e dramaturgo. Foi promotor da Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador e a Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. É autor de estudos teatrais e artigos en ADE, Artez e na Revista Galega de Teatro, da que formou parte de 1997 a 2022.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O teatro galego contemporáneo (1936-1996) (1999). Universidade da Coruña. 247 páxs. ISBN 9788495322302.
Poesía
[editar | editar a fonte]- As desfeitas do día (2011). Cangas: Morgante. 104 páxs. ISBN 978-84-15166-11-5.
Novela
[editar | editar a fonte]- Tina e Xeró, (2024). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-590-3. ePub: ISBN 978-84-1110-597-2.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Xiria ao Labor Teatral (2005) da MITCF de Cangas do Morrazo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "AUTOR/A: Pedro P. Riobó". xerais.gal. Consultado o 19 de outubro de 2024.
- ↑ "Tina e Xeró - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-17.