Saltar ao contido

Pedro Priegue Priegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Priegue Priegue
Biografía
Nacemento1868 Editar o valor en Wikidata
Muros, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Lapido, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11196

Pedro Priegue Priegue, nado en Muros cara a 1868 e finado en Lapido (Ames) o 22 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ex emigrante en América. Veciño do lugar de Riomao na parroquia de Torea. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto acusado de dispoñer de emblemas comunistas e de agachar na súa casa ao garda municipal republicano Manuel Lago Ramos "Outeiro". Estivo preso no depósito municipal de Muros ata que o 22 de agosto co pretexto dun trasladado a prisión de Santiago de Compostela foi asasinado na Estibada de Lapido Ortoño e abandonado á beira da cuneta.[1] Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, foi identificado o 31 de xullo de 1939.

  1. "A morte do señor Pedro na costa de San Xusto", La Voz de Galicia, Barbanza, 25-11-2005, p. 10.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]