Pedro Ruíz Sarmiento y Velasco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIV |
Morte | 15 de agosto de 1385 (Gregoriano) Batalha de Aljubarrota, Portugal (pt) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Pedro Ruíz Sarmiento y Velasco foi un nobre castelán nado na primeira metade do século XIV e finado o 15 de agosto de 1385 na batalla de Aljubarrota.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Diego Pérez Sarmiento de Villamayor y Haro e de María de Velasco. Foi señor de Sarmiento e de Villamayor e ostentou o cargo de Adiantado maior de Castela. Contraeu matrimonio en 1362 con Leonor Fadrique de Castela, señora de Salinas e filla do mestre de Santiago Fadrique de Castela e de Constanza Angulo. En 1375 polo seu apoio, Henrique I de Trastámara deulle o título de Señor de Ribadavia, ademais do de adiantado maior do reino de Galiza. Casou con Xoana de Guzmán.