Pedro Seijo Vaamonde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1840 ![]() Abadín, España ![]() |
Morte | 1 de marzo de 1924 ![]() Madrid, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , filántropo ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Pedro Seijo Vaamonde, nado en Casás (Corvite, Abadín) cara a 1840 e finado en Madrid o 1 de marzo de 1924, foi un avogado e filántropo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Madrid de moi novo. Foi procurador dos tribunais e conseguiu unha boa situación económica. No seu testamento, de 10 de abril de 1922, deixou os seus bens para crear e dotar a "Escola Seijo" en Casás. Na escola debía impartirse tamén nocións de agricultura, gandaría e industria. O legado serviu para construír o edificio escolar, a vivenda para o mestres e a creación dunha fundación que xestionase o funcionamento do grupo escolar.