Pedro Torrijos León, coñecido como Pedro Torrijos, nado en Madrid en 1975, é un escritor, crítico cultural e arquitectoespañol, máis coñecido pola súa faceta divulgativa en distintas redes sociais. En 2021 publicou o libro Territorios Improbables.[1]
Nunha primeira etapa desde 2012 foi colaborador en revistas como Norma Jean Magazine, iWrite e Revista Magnolia.[6][7] Escribiu artigos de opinión en El Economista, e Magnet.[8][9] Escribe para El País, Jot Down e Yorokobu.[10][11][12]
Desde 2013 utiliza Twitter para contar historias de arquitectura. Todos os xoves publica en forma de fíos relatos sobre cidades, edificios ou curiosidades urbanas co hashtag #LaBrasaTorrijos.[13] Os fíos escríbense en directo partindo dun pequeno guión.[14] Esta modalidade divulgativa foi finalista para o Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia de 2021.[15] Tamén foi finalista en 2020 ao Premio Zapping na categoría Mellor Iniciativa de Internet.[16]
Publicou os podcast Curiosidad Radical patrocinados pola Fundación Telefónica[17] e Cómo suena un edificio auspiciado auspiciado polo Museo ICO.[18] Participou en Equipo Investigación de La Sexta nun programa sobre os edificios inacabados de Santiago Calatrava.[19]
En 2023 iníciase como novelista con La tormenta de cristal, un thriller que tamén ten como fondo o mundo da arquitectura.[20]
Territorios Improbables. Historias sobre lugares que (casi) non sabías que existían (2021)[21] Kailas Editorial. 336 páxs. ISBN 9788418345319.
Atlas de lugares extraordinarios para descubrir el mundo (2022). Ed. Bascoa. 48 páxs. ISBN 9788448862657
O autor presentando La tormentade cristal con Josiño Araújo en Bueu coa Libraría Miranda, agosto de 2023La tormenta de cristal (2023). Kailas Editorial. 304 páxs. ISBN 9788466673624.