Pedro de Gracia Dei
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1465 Betanzos, España |
Morte | 1530 (64/65 anos) Zafra, España |
Actividade | |
Ocupación | xenealoxista, rei de armas, historiador, poeta |
Pedro de Gracia Dei, nado en Betanzos? en 1465? e finado en Zafra c. 1530, foi un xenealoxista, historiador e poeta galego ao servizo dos Reis Católicos, de Carlos I, de Xoán II e outros nobres casteláns e portugueses.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Da biografía deste prolífico escritor non se sabe case nada, confésase “ gallego ”, sen precisar ningunha localidade, e tamén “ vasallo del rey castellano ”. En 1497 era cronista de Fernando o Católico e estivo vinculado á corte castelá nos últimos anos do século XV. Quizais estudou en Salamanca, afirma ser “ hijo de dicho studio ”, e ocupou o cargo de criado e rei de armas dos Reis Católicos. Á morte da raíña, á quen lle dedicou numerosos textos laudatorios, entrou ao servizo de Carlos I e sábese que debeu viaxar con frecuencia a Portugal, xa que unha das súas poucas obras impresas está dedicada ao rei portugués Xoán II.[1]
Parece ser que morreu en Zafra cara a 1530, cando estaba ao servizo do conde de Feria. Tamén se dubidou de que “ Gracia Dei ” fose o seu verdadeiro apelido.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]Xenealóxica e heráldica
[editar | editar a fonte]- Blasón general de todas las insignias del universo (1489)
- Libro del Blasón de la Caballería
- Crónica del Rey Don Pedro; las Ciudades y villas
- Escudos de reyes y príncipes del mundo
- Tratados especiales de los linages de Leyba y de la Cueva
- Blasones de las armas e insignias de los principales linages de Castilla
- Genealogías y blasón de los reyes de Castilla
- Vergel de Nobles
Historiográfica
[editar | editar a fonte]- Crónica de España
- Summa de todos los reyes que han sido en España desde tiempo de los godos
- Historia y defensa del rey Don Pedro
- Relación del Rey don Pedro y de su descendencia
Poética
[editar | editar a fonte]- La criança y virtuosa doctrina (1489)
- Las XV preguntas del Papa Julio a Gracia Dei sobre las excelencias de la Reina Doña Isabel
- Libro de los pensamientos variables
- Las excellencias de la Reina doña Isabel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Pedro de Gracia Dei". dbe.rah.es. Consultado o 2023.